Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 06 de xullo de 1999 Páx. 8.682

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de xuño de 1999 pola que se publica o texto do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de xuño de 1999 polo que se establece o sistema para a elección de posto con carácter definitivo polos funcionarios que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 26 de novembro de 1993 para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas.

Visto o texto do Acordo do 25 de xuño de 1999 polo que se establece o sistema para a elección de posto con carácter definitivo polos funcionarios que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 26 de novembro de 1993 para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, esta consellería

ACORDA:

Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Establece-lo sistema para a elección de postos con carácter definitivo polos funcionarios do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, nomeados por Resolución do 20 de marzo de 1996 (DOG nº 109, do 4 de xuño) que non obtiveran destino definitivo ata a data de publicación deste acordo no DOG, levándose a efecto nun acto público por orde de prelación da puntuación obtida no proceso selectivo correspondente, elixindo posto de conformidade co establecido nos artigos 40 e 60.3º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e o artigo 5 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

As vacantes que elixirán os funcionarios son as que constan no anexo ó presente acordo, facultándose o conselleiro da Presidencia e Administración Pública para o desenvolvemento do presente acordo.