Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 06 de xullo de 1999 Páx. 8.683

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de xuño de 1999 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os funcionarios do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, nomeados pola Orde do 20 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia número 109, do 4 de xuño).

Sendo nomeados funcionarios do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas por Resolución do 20 de maio de 1996 (DOG nº 109, do 4 de xuño), e de conformidade co disposto no artigo 40 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e o artigo 5 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería

DISPÓN:

Convoca-los funcionarios do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas nomeados por Resolución do 20 de maio de 1996 (DOG nº 109, do 4 de xuño) que non obtiveran destino definitivo ata a data de publicación da presente convocatoria no DOG, para a elección de destino definitivo na sala de xuntas da Consellería da Presidencia e Administración Pública sita na 3ª planta o día 14-7-1999 ás 10 horas, podendo elixir según a orde conseguida no proceso selectivo entre os postos que se relacionan no anexo I.

A elección de posto realizarase de conformidade co disposto no artigos 40 e 60.3º da Lei 4/1988, do 26 de maio da función pública de Galicia e o artigo 5 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Os funcionarios deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a personalidade.

Os que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Aqueles que soliciten postos de traballo que na correspondente relación de vacantes figuren con requisitos imprescindibles para o seu desempeño deberán ir provistos dos documentos xustificativos correspondentes e, se é o caso, copia cotexada fidedignamente, para acreditar que reúnen os requisitos.

Ós que non comparezan persoalmente nin por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles corresponden atendendo a orde de publicación destas e ó número obtido nos procesos selectivos, unha vez rematado o proceso de adxudicación das prazas ós funcionarios

presentes ou representados, e entre as que quedaran sen adxudicar.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

NOTA: o anexo desta orde é o publicado na metade inferior da páxina 8.682.