Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 06 de xullo de 1999 Páx. 8.679

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 1 de xuño de 1999 pola que se convocan prazas de colaboradores-bolseiros para residencias xuvenís dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

O Estatuto de autonomía atribúelle á Comunidade Autónoma galega, no seu artigo 27.23º, a competencia exclusiva en materia de asistencia social.

A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais da Comunidade Autónoma de Galicia, recolle a posibilidade de outorgar axudas económicas a persoas físicas, de acordo cos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade esixidos polos artigos 78 e 79 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupuestario de Galicia.

Por outra banda, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude dispón dunha serie de instalacións xuvenís entre as que figuran as residencias xuvenís que, ademais do aloxamento e manutención, lles ofrecen ós mozos estudiantes residentes unha serie de servicios e actividades convivenciais e educativas complementarias.

Coa realización desta convocatoria preténdese favorece-lo acceso ó ensino universitario dos estudiantes con escasos recursos e, ó mesmo tempo, dotar de persoal

de apoio no eido educativo e asistencial as residencias xuvenís que se relacionan nesta orde.

Por todo isto

DISPOÑO:

Artigo 1º

Convocar esta oferta de prazas de colaboradores-bolseiros nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude para o curso académico 1999-2000.

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias é a seguinte:

ResidenciaPrazasHome/muller

Eijo Garay (Lugo)5Home

Hermanos Pedrosa (Lugo)4Muller

F.L. Cuevillas (Ourense)5Home/muller

Altamar (Vigo)5Home/muller

Artigo 2º.-Requisitos dos solicitantes.

Son requisitos para participar na convocatoria os seguintes:

a) Ser español/a.

b) Ter unha idade mínima de 18 anos, na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

c) Estar cursando estudios universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo, nunha facultade ou escola universitaria.

d) Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador bolseiro por causa imputable ó solicitante.

e) Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.

Artigo 3º.-Solicitude.

1. A solicitude efectuarase utilizando o impreso que figura no anexo I. O interesado poderá efectuar unha única solicitude, na que poderá optar por un centro.

2. Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:

-Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

-Fotocopia compulsada das páxinas do libro de familia onde figuren os membros da unidade familiar, ou fotocopia compulsada do título de familia numerosa se é o caso.

-Orixinal ou fotocopia compulsada do expediente académico.

-Fotocopia compulsada de tódalas follas que constitúen a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas da unidade familiar, correspondente ó ano 1998. Cando os contribuíntes opten pola modalidade de declaración separada achegarase fotocopia compulsada das follas de ambas.

No suposto de que a unidade familiar non estivera suxeita á obriga de declarar, presentarase declaración xurada sobre ese extremo, indicando a renda anual da unidade familiar no ano 1998, así como certificado de non ter presentada a declaración da renda correspondente a ese exercicio económico expedido pola Axencia Tributaria.

-Certificado médico no que se faga constar que o solicitante non padece enfermidade infecto contaxiosa, nin defecto físico ou psíquico que impida o normal desenvolvemento da súa actividade no centro.

-Acreditación de todos aqueles méritos alegados conforme os criterios de selección establecidos no arti

go 4.1º para a súa consideración e valoración pola comisión cualificadora.

3. A solicitude xunto coa restante documentación deberán presentala na delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude correspondente á provincia onde radica a residencia, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. O prazo de presentación de solicitudes será ata o día 6 de agosto deste ano.

Artigo 4º.-Adxudicación de prazas.

1. Concluído o prazo outorgado para a presentación de solicitudes, constituirase unha comisión cualificadora en cada unha das provincias onde radican as residencias xuvenís, presidida polo respectivo xefe do Servicio de Xuventude e actuando como vocais o xefe da sección de xuventude, un funcionario designado polo delegado/a provincial que actuará de secretario e o/s director/es das residencias xuvenís situadas nesa provincia. A dita comisión examinará as solicitudes presentadas, valorando no seu conxunto os seguintes criterios preferentes:

-Situación económica da unidade familiar. A este respecto terase en conta a relación de ingresos/nº de membros da unidade familiar. Para estes efectos, poderanse incluír como membros da unidade familiar os fillos de ata 30 anos de idade, na data do remate do prazo de presentación de solicitudes, nos termos previstos na lexislación tributaria.

-Ter sido colaborador-bolseiro ou residente nalgunha residencia xuvenil das relacionadas no artigo 1º. A consideración deste dato queda condicionada á inexistencia de informe desfavorable do director da residencia xuvenil en relación co comportamento ou actividade desenvolvida polo interesado como colaborador-bolseiro ou residente na residencia respectiva.

-Expediente académico.

-Coñecementos e experiencia en animación sociocultural e actividades deportivas.

-Motivo da solicitude.

-Te-la súa residencia familiar en Galicia, ou ser fillo de emigrantes.

-Entrevista persoal: a comisión cualificadora poderá cita-los solicitantes para a realización dunha entrevista persoal.

2. A comisión competente confeccionará unha lista por orde de preferencia das solicitudes recibidas para cada residencia, elevando a correspondente proposta de resolución ó delegado/a provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude no prazo máximo de vinte días, contados a partir do remate do prazo de presentación de solicitudes.

3. Dictada resolución polo delegado provincial, o Servicio de Xuventude respectivo procederá a comunicarlles ós solicitantes as adxudicacións e denegacións.

4. No caso de non dictar resolución expresa nun prazo de 4 meses desde o día seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, deberá entenderse desestimada a petición correspondente.

5. Os seleccionados están obrigados:

-A presentar fotocopia compulsada do xustificante de matrícula correspondente ós estudios que van cursar ou, no caso dos alumnos do 3º ciclo, certificado do

xefe do departamento universitario correspondente conforme o interesado está realizando o doutoramento naquel, antes do 31 de outubro de 1999. No caso de que o interesado non poida presenta-la fotocopia compulsada do xustificante de matrícula no referido prazo por causa imputable ó centro no que vaia cursar os seus estudios, deberá comunicar esta circunstancia por escrito, presentando unha fotocopia compulsada da preinscrición na facultade ou escola universitaria correspondente, debendo non obstante presenta-la fotocopia compulsada do xustificante de matrícula no momento en que a faga.

-A incorporarse ás residencias xuvenís durante os cinco primeiros días do mes de outubro, salvo causa de forza maior debidamente acreditada.

En caso contrario, perderán o dereito á praza adxudicada, procedéndose a cubri-la vacante conforme a lista confeccionada pola comisión cualificadora. Utilizarase este mesmo procedemento cando durante o curso escolar se produza algunha vacante nas prazas ofertadas.

Artigo 5º

A concesión da praza como colaborador-bolseiro comporta a exención do pagamento dos servicios residenciais durante o período de funcionamento destes, incluído o curso académico e o período vacional, o que abarca desde o 1 de outubro de 1999 ó 30 de setembro de 2000, así como o recoñecemento da súa condición de colaborador-bolseiro ante o resto dos residentes.

Artigo 6º

A condición de colaborador-bolseiro obriga a este a colaborar en tódalas tarefas e cometidos de orde interna e actividades que lle poida encomenda-la dirección da residencia, relacionadas co desenvolvemento de accións formativas e convivenciais. Estas deberanse realizar de tal xeito que resulten compatibles co aproveitamento académico do propio bolseiro.

Artigo 7º

A condición de colaborador-bolseiro extínguese ó remata-lo período fixado no artigo 5º desta convocatoria, así como por renuncia expresa do interesado.

O incumprimento por parte do colaborador-bolseiro das súas obrigas, das normas de réxime interno da residencia ou a ausencia inxustificada, serán causas da perda da condición de colaborador-bolseiro para tódolos efectos, por resolución do delegado provincial, logo do informe do director da residencia.

Artigo 8º

A condición de colaborador-bolseiro non xera ningún tipo de vínculo laboral, administrativo nin de calquera outra orde entre a Administración e o beneficiario.

Disposición adicional

As axudas reguladas nesta orde poderán ser compatibles coa percepción doutras axudas ou bolsas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1999.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude