Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 06 de xullo de 1999 Páx. 8.678

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 28 de xuño de 1999 sobre declaración dos profesionais farmacéuticos de non estaren incursos en incompatibilidades.

Con data 27 de xuño de 1999 entrou en vigor a Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica. O artigo 51 da dita lei establece as incompatibilidades do exercicio profesional farmacéutico nos establecementos e servicios de atención farmacéutica regulados nesta lei, así como nas oficinas de farmacia, en calquera das súas modalidades.

Na súa virtude, e co fin de levar á practica o cumprimento do disposto, esta orde regula a declaración, que deberán face-los profesionais farmacéuticos, de non incorrer en nalgunha das incompatibilidades previstas na lei.

En consecuencia,

DISPOÑO:

Artigo único.-Tódolos farmacéuticos con exercicio profesional nos establecementos e servicios de atención farmacéutica regulados na lei, así como nas oficinas de farmacia, en calquera das súas modalidades, deberanlle remitir á delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no prazo de dous meses a partir da publicación desta orde no DOG, declaración de non estaren incursos nalgunha das incompatibilidades que a Lei 5/1999,

do 21 de maio, de ordenación farmacéutica, establece no seu artigo 51, consonte o modelo que figura no anexo.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1999.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Declaración de non incompatibilidade

dos profesionais farmacéuticos

Dº/Dª...con DNI nº..., licenciado en farmacia co número de colexiado..., no Colexio Oficial de Farmacéuticos de ..., declaro que non exerzo actividade incompatible, nin estou incurso en causa de ningunha incompatibilidade que se derive do establecido no artigo 51 da Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica, nin no artigo 4 da Lei 25/1990, do 20 de decembro, do medicamento, así como nas demais disposicións de aplicación, que comprometan, impidan ou menoscaben o lexítimo exercicio da profesión como farmacéutico (titular, rexente, substituto ou adxunto)..., no establecemento ou servicio de atención farmacéutica / ou na oficina de farmacia aberta ó público...na rúa..., nº...concello ..., da provincia de....

..., ...de...de....

Asdo:...

Delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.