Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 01 de xullo de 1999 Páx. 8.441

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A. para o período do 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro de 1999, ámbolos dous inclusive.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A. (código do convenio número 8200162) para o período do 1-1-1999 ó 31-12-1999, inclusive, acordado o 23 de abril de 1999, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión salarial do devandito convenio colectivo no rexistro de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1999.

José Mª Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

Revisión salarial do convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A., para o período 1-1-1999 ó 31-12-1999, ambos inclusive

Asistentes:

Presidente:

Santiago Ojea Rivera.

Secretario:

Roberto Pena López.

Vocais en representación da sección económica:

José María Rivera Trallero.

Francisco Crujeiras Parada.

Vocais en representación da sección social:

Enrique Domínguez Esporas.

Jesús María Gómez Rey.

José Manuel Lema González.

Jesús Carlos Montes Varela.

Manuel Rama Bello.

Santiago Ramos Mesejo.

Manuel Salgado Rodríguez.

José Luis Vázquez García.

Na cidade da Coruña o veintrés de abril de mil novecentos noventa e nove.

Ás doce horas, reúnense no local habilitado para o efecto, os señores á marxe relacionados, como membros da comisión deliberadora para a revisión salarial do convenio colectivo da empresa Hijos de

Rivera, S.A., propietaria da fábrica de cervexas La Estrella de Galicia, as respectivas representacións da cal se recoñecen, lexitimándose reciprocamente.

Aberto o acto polo presidente, o secretario da lectura ó artigo 6º.3, do vixente convenio colectivo, homologado por Resolución do 28 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, que é do seguinte teor:

Artigo 6º.3

Haberá unha revisión salarial a partir do 1 de xaneiro de 1999, que se fará de mutuo acordo polas partes. Para calcula-la dita revisión salarial terase por base os conceptos retributivos correspondentes a 1998 incrementados coa recuperación, se procede, obxecto deste artigo.

Acto seguido e tras deliberar sobre o particular, ambas representacións, unanimemente acordan aproba-la revisión salarial do convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A., e que terá vigor desde o 1-1-1999 ata o 31-12-1999, ambos inclusive, e nos seguintes termos:

Primeiro.-Os salarios base para as distintas categorías profesionais serán as seguintes:

Pesetas

mensuais

Salario

base anual

Técnicos:

Director técnico186.8752.242.500
Mestre cervexeiro167.0152.004.180
Xefe de mantemento167.0152.004.180
Xefe de primeira147.1561.765.872
Xefe de segunda137.2221.646.664
Oficial de primeira127.2951.527.540
Oficial de segunda122.3291.467.948
Axudante de laboratorio106.9801.283.760
Auxiliar102.4701.229.640

Administrativos:

Director administrativo186.8752.242.500
Xefe de contabilidade167.0152.004.180
Xefe de proceso de datos167.0152.004.180
Xefe de primeira147.1561.765.872
Xefe de segunda137.2221.646.664
Oficial de primeira127.2951.527.540
Oficial de segunda122.3291.467.948
Auxiliar102.4701.229.640

Comerciais:

Director comercial186.8752.242.500
Xefe de primeira147.1561.765.872
Xefe de segunda137.2221.646.664
Inspector de primeira129.7741.557.288
Inspector de segunda124.8121.497.744
Promotor de vendas120.4621.445.544
Prevendista116.1091.393.308

Subalternos:

Subalterno de primeira, xefe de equipo106.9801.283.760
Subalterno de primeira100.2681.203.216
Subalterno de segunda98.1151.177.380
Limpador93.5251.122.300

Pesetas

diario

Salario

base anual

Especialistas de oficio:

Oficial de primeira, xefe de equipo3.6361.327.140
Oficial de primeira3.3881.236.620
Oficial de segunda3.3111.208.515
Axudante3.2381.181.870
Auxiliar de primeira3.1601.153.400
Auxiliar de segunda3.0881.127.120

Ademais dos salarios que se citan na táboa que antecede, os traballadores percibirán as pagas extraordinarias e demais complementos que se especifican no vixente convenio colectivo e nos puntos seguintes desta revisión.

Segundo.-O plus de convenio estipulado no artigo 13º do vixente convenio colectivo, queda establecido en 31.760 pesetas, nas mesmas condicións establecidas no mencionado artigo.

Terceiro.-O plus de asistencia regulado nos artigos 15º e 16º, queda establecido en 854 pesetas, nas mesmas condicións estipuladas nos referidos artigos do vixente convenio colectivo.

Cuarto.-A partir da entrada en vigor da presente revisión salarial, o persoal que veña percibindo axudas de custo polo desempeño das súas funcións fóra do termo municipal do seu centro de traballo, pasará a cobralas nas seguintes contías:

-Inspectores e promotores de vendas:

Axuda de custo completa: 5.590 pesetas.

Media axuda de custo: 2.795 pesetas.

-Prevendistas, persoal de reparto e/ou mantemento:

Axuda de custo completa: 3.440 pesetas.

Media axuda de custo: 1.140 pesetas.

Os directores e xefes de departamento e sección viaxarán con gastos que se xustificarán:

Quinto.-As comisións e compensacións por reparto que percibe o persoal de distribución e/ou reparto en compendación á posible prolongación da xornada de traballo e segundo a calidade do servicio prestado, a partir do 1-1-1999, serán as que a continuación se indican:

-Cervexa:

Barril de 50 litros: 88,80 pesetas.

Barril de 30 litos: 53,50 pesetas.

Caixa de 1/3: 12,40 pesetas.

Caixa de 1/5: 10,55 pesetas.

Caixa de 1/4: 8,95 pesetas.

Caixas de latas, 1906 e HR (24 unidades): 12,40 pesetas.

Caixas de 1906 e HR (12 unidades): 6,20 pesetas.

-Auga:

Caixa de 1 1/2 (PET): 12,40 pesetas.

Caixa de 1/2, 1/3 e 1/4 (PET): 8,95 pesetas.

Caixa de 1/1 (cristal): 12,40 pesetas.

Caixa de 1/2 e 1/3 (cristal): 10,55 pesetas.

Os importes anteriores aboaranse por cada barril e/ou caixa de cervexa e auga vendida e percibiraos ó 100% o vendedor-repartidor cando realice a ruta el só. Se a ruta a comparte con outra persoa ou

se realiza pre-venda, o vendedor-repartidor percibirá o 50% e o acompañante ou prevendista o outro 50%.

Sexto.-O complemento de indemnización previsto no artigo 24.2º, durante a prórroga especial da incapacidade temporal (de 18 a 30 meses) queda establecido en 12.336 pesetas, mensuais, nas mesmas condicións establecidas no referido artigo.

Sétimo.-A asignación por xubilación que se recolle no artigo 26º do vixente convenio colectivo, queda establecida conforme a escala que se indica a continuación, nas mesmas condicións que figuran no dicho artigo.

Pesetas

mensuais

Director técnico, administrativo ou comercial51.104
Mestre cervexeiro, xefe de mantemento, xefe de contabilidade ou de proceso de datos45.484
Xefe de primeira técnico, administrativo ou comercial40.119
Xefe de segunda técnico, administrativo ou comercial37.561
Inspector de primeira comercial35.519
Oficial de primeira técnico ou administrativo34.752
Inspector de segunda comercial33.986
Oficial de segunda técnico ou administrativo33.475
Promotor de vendas comercial32.962
Prevendista comercial31.684
Oficial de primeira obreiro, xefe de equipo30.152
Axudante de laboratorio ou subalterno de primeira, xefe de equipo29.131
Auxiliar técnico ou administrativo e oficial de primeira obreiro28.108
Oficial de segunda obreiro ou subalterno de primeira27.342
Axudante obreiro ou subalterno de segunda26.830
Auxiliar de primeira obreiro26.065
Auxiliar de segunda obreiro ou limpador25.552

Oitavo.-A gratificación regulada no artigo 29º por festividade da patroa queda establecida en 22.408 pesetas.

Noveno.-A xornada que se traballe en sábados non festivos, regulada no artigo 42º, queda establecida en 5.500 pesetas para 4 horas e en 9.000 pesetas para 8 horas.

Décimo.-A bolsa de vacacións estipulada no artigo 43º.3,do vixente convenio colectivo, queda establecida en 50.870 pesetas, nas mesmas condicións que especifica o mencionada artigo.

Décimo primeiro.-No suposto de que o incremento anual do índice de prezos ó consumo (IPC), rexistre o 31 de decembro de 1999 un crecemento superior ó 3% efectuarase unha revisión salarial equivalente á dita diferencia.

A revisión levarase a cabo unha vez que o Instituto Nacional de Estatística constate oficialmente o IPC de 1999 e, cando proceda, aboarase con efectos do 1 de xaneiro do dito ano.

Décimo segundo.-Tódolos demais termos do vixente convenio colectivo da empresa Hijos de Rivera, S.A., non sofren variación ningunha.

Por último e dado que existe conformidade co contido desta acta, ambas partes dan por finalizada a reunión, con acordo na revisión salarial do convenio colectivo, para o período do 1-1-1999 ó 31-12-1999, ambos inclusive, levantando a reunión ás quin

ce horas do día no encabezamento indicado, de todo o cal se estende a presente acta, en cinco follas de papel común, mecanografadas por unha das súas caras, en triplicado exemplar, que rubrican as catro primeiras e asinan a última tódolos señores que a interveñen, comigo o secretario.