Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 01 de xullo de 1999 Páx. 8.443

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1999, da Comisión de Selección para a elaboración do Catálogo de Expertos da Xunta de Galicia en materia de formación profesional ocupacional, pola que se fan públicas as notas do segundo exercicio e se convocan os aspirantes que o superasen para a realización da entrevista os días 5, 6 e 7 de xullo.

Realizadas entre os días 7 e 17 de xuño as probas do segundo exercicio do proceso selectivo para a elaboración do Catálogo de Expertos da Xunta de Galicia en materia de formación profesional ocupacional, regulado na orde da Consellería de Familia e Promición do Emprego, Muller e Xuventude do 30 de outubro de 1998, publicada no Diario Oficial de Galicia número 228, do 24 de novembro de 1998, e despois da súa corrección.

En cumprimento das fases da elaboración previstas na base terceira da citada Orde do 30 de outubro de 1998,

ACÓRDASE:

Publica-las notas obtidas polos aspirantes que se presentaron ás devanditas probas.

Convoca-los aspirantes que superasen a nota mínima de 10 puntos no segundo exercicio á realización da entrevista os días 5, 6 e 7 de xullo de acordo co calendario que estará exposto nos lugares indicados no parágrafo seguinte.

As listas coas notas e o calendario da entrevista estarán expostas nas delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, así como na Consellería da Presidencia e Administración Pública e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1999.

Juan Manuel Cotanda Bueno

Presidente da Comisión de Selección