Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 01 de xullo de 1999 Páx. 8.436

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo interprovincial da empresa Cooperativa Farmacéutica Gallega (Cofaga).

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito interprovincial da empresa Cooperativa Farmacéutica Gallega (Cofaga) (código do convenio nº 8200242), que se suscribiu coa data do 29 de xullo de 1998, entre a representación da empresa e dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de

marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e o Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro de convenios desta direcciónx eral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 1999.

José Mª Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

Capítulo I

Extensión, vixencia e denuncia

Artigo 1º.-Obxectivo do convenio.

O presente convenio ten por finalidade regula-las condicións económicas e sociais entre a empresa Cofaga e os seus traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente convenio será de aplicación a todo o persoal que presta os seus servicios nos almacéns de distribución da empresa Cooperativa Farmacéutica Gallega (Cofaga) que radican nas provincias da Coruña e Lugo.

Artigo 3º.-Ámbito presoal.

As normas do presente convenio regulan as relacións de traballo do persoal de Cofaga dos almacéns de distribución da Coruña e Lugo.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

Un ano 1-1-1998 ó 31-12-1998.

Artigo 5º.-A denuncia do convenio.

Deberá presentarse ante a Consellería de Traballo, cunha antelación mínima de tres meses, por calquera das partes, con previa comunicación entre ambas.

Capítulo II

Condicións sociais

Artigo 1º.-Garantías persoais.

Respectaranse as condicións de traballo que fosen superiores ás establecidas no presente convenio, consideradas no seu conxunto e cómputo anual.

Artigo 2º.-Clasificación do persoal.

Revisión anual de categorías, dentro dos dous primeiros meses do ano, publicaranse no taboleiro de anuncios da empresa, a escala delas, pechada o 31

de decembro anterior, podendo o persoal formular reclamacións que consideren oportunas no prazo dun mes.

a) Ascensos: os ascensos rexerán para tódalas categorías e en igualdade de condicións e criterios.

b) Ocupación de novos postos e vacantes: as vacantes e postos de nova creación serán anunciados ó persoal cunha antelación mínima de quince días, agás que o posto teña que cubrirse inmediatamente, para que, quen se considere apto, poida solicitalo e participar no concurso de coñecementos, aptitudes e capacidades persoais. O traballador que sexa designado para o novo posto demostrará a súa adaptación a este en calidade de proba, podendo negarse voluntariamente e en caso de non supera-la proba ou recusar, poderá recupera-lo seu antigo posto de traballo. Realizarase o cambio de categoría e de servicio en caso positivo unha vez terminada a proba, logo de acordo co interesado. Do establecido neste artigo quedarán exceptuados os postos que impliquen mando.

Cumprirase en todo momento a normativa de emprego. Os fillos dos traballadores que se xubilen ou falezan terán preferencia para ocupa-los postos vacantes ou de nova creación, en igualdade de condicións, tendo superadas as probas obxectivas para a valoración dos ditos postos de traballo. Das ditas probas de aptitude darase coñecemento ó comité de empresa.

Artigo 3º.-Contrato de traballo para a formación.

Será sempre retribuído. Terá unha duración non superior a dous anos e será computable para tódolos efectos para a antigüidade.

Formación continua: ambas partes acordan aterse ó establecido nos proxectos presentados ó Forcem, así como ó texto presentado pola parte social no anteproxecto do convenio.

Artigo 4º.-Calendario laboral.

Á vista do calendario laboral, a empresa xunto cos delegados do comité de empresa, estudiarán a posibilidade de recuperación de pontes, segundo as necesidades do servicio.

Horas extras: terán o incremento do 75% sobre a hora ordinaria e poderanse compensar co tempo equivalente en descanso.

Xornada laboral: a xornada laboral será de 39 horas semanais, tanto para a xornada partida como continuada. Estas 39 horas de traballo efectivo serán de luns a sábado.

Artigo 5º.-Vacacións.

Os traballadores afectados por este convenio, terán dereito a trinta días naturais de vacacións que desfrutarán de forma ininterrompida. O período de vacacións non poderá iniciarse en sábado, domingo ou festivo. O período de vacacións fixarase anualmente no calendario de vacacións no primeiro mes do ano. En calquera caso, cunha antelación mínima de dous meses ó inicio do desfrute.

Artigo 6º.-Bolsa de vacacións.

Os traballadores que desfruten as súas vacacións nos meses de xuño a setembro, ambos inclusive, percibirán a cantidade de 6.695 pesetas. Fóra destes meses a bolsa de vacacións será de 26.102 pesetas.

Artigo 7º.-Incapacidade laboral transitoria.

Os traballadores que se atopen en ILT percibirán o salario real ata os 18 meses (salario base, antigüidade, plus rendemento, plus convenio e plus transporte).

Artigo 8º.-Prestacións.

A empresa aboará ós traballadores que teñan fillos diminuídos psíquicos, físicos ou minusválidos a cantidade de 21.589 pesetas por cada un deles e por mes.

a) Premio de permanencia: de acordo co convenio anterior, amplíanse as cantidades por este concepto ás seguintes contías.

-Por 20 anos de servicio: 104.705 pesetas.

-Por 40 anos de servicio: 221.256 pesetas.

b) Axudas escolares: a empresa facilitará bolsas anuais de axuda universitaria para tódolos empregados e fillos de empregados que demostrasen capacidade nos estudios cursados.

c) Servicio militar: respectarase o posto de traballo durante o período de servicio militar obrigatorio ou voluntario. O traballador casado percibirá catro pagas extraordinarias como se estivese traballando.

Artigo 9º.-Licencias excedencia e cesamentos voluntarios.

a) Licencias: quince días laborables en caso de matrimonio, cinco días en caso do falecemento do cónxuxe fillo/a, tres días no caso de falecemento dos pais do traballador ou os do seu cónxuxe, netos, avós ou irmáns, que se ampliarán a tres días máis en caso de desprazamento superior a 300 km. Cinco días ó ano para asuntos persoais, con previo aviso á empresa, sete días por parto da esposa ou filla solteira, dous días por traslado do domicilio habitual, un día natural en caso de matrimonio de fillos ou irmáns.

A empresa facilitará tódolos permisos xustificados para efectuar exames, co tempo que resulte necesario.

b) Excedencias: os traballadores cun ano de servicio na empresa poderán solicitar excedencia voluntaria por un período dun mes a cinco anos, ó cabo dos cales e cun previo aviso dun a tres meses de antelación, terán dereito á reintegración ó seu posto de traballo anterior sempre que exista vacante ou á primeira que se presente. O tempo que o traballador estea en excedencia non se computará para ningún efecto.

A empresa concederá excedencias obrigatorias sempre que medien razóns xustificadas, estudios, problemas familiares, etc.

As peticións de excedencias serán resoltas pola empresa, unha vez oído o comité de empresa.

As excedencias por cargos políticos ou sindicais poderán ser solicitadas polos traballadores sen que sexa necesario o ano de antigüidade, sempre que leven traballando un mínimo de seis meses.

c) Licencias especiais: os traballadores poderán solicitar sen dereito a retribución ningunha dúas licencias especiais ó ano que non deberán exceder normalmente de 20 días entre ambas, sen que supoña exclusión do cómputo da antigüidade, sendo facultade da empresa a súa concesión.

d) Cesamentos voluntarios: o traballador poderá desistir da relación laboral en calquera momento, sen máis requisito que o aviso á empresa con quince días de antelación.

Artigo 10º.-Xubilación anticipada.

Os traballadores que o desexen poderán acollerse ó sistema de xubilación anticipada ó cumpri-los 64 anos cubrindo a empresa ta o 100% da pensión que puidese corresponderlle ó cumpri-los 65 anos. A praza vacante será cuberta, sempre que a empresa non tivese perdas nos últimos dous anos.

Artigo 11º.-Xubilación voluntaria.

a) A xubilación será voluntaria ós 60 anos. Á sinatura deste convenio a empresa estará obrigada a negociar co comité de empresa, así como os traballadores interesados individualmente, un plan de xubilación voluntaria.

b) Xubilación forzosa: tódolos traballadores pertencentes á empresa deberán xubilarse con carácter forzoso ó cumpri-los 65 anos.

Artigo 12º.-Plus transporte.

A partir da sinatura do convenio será variable segundo a asistencia.

a) Dividirase o dito plus entre 30 días dándonos isto a cantidade que se descontará por día de absentismo.

b) Non se terá en conta á hora do desconto:

1º Tódalas licencias e permisos dados pola lei.

2º A primeira baixa por ILT.

3º Baixas por hospitalización, maternidade, enfermidade profesional e accidente de traballo.

4º Dous retrasos nun mes. Sendo por tres retrasos 1 día de desconto de plus, 6 retrasos, dous días de desconto de plus...

c) O desconto do plus que deixasen de percibi-los traballadores repartirase ó finaliza-lo ano (nómina de xaneiro ano seguinte), entre aqueles que se atope a súa media anual inferior á media xeral anual de absentismo e de maneira proporcional ós días de presencia.

d) A media de absentismo anual calcularase tendo en conta exclusivamente as baixas por ILT e as ausencias sen xustificar.

Capítulo III

Garantías sindicais

Os traballadores non poderán sufrir ningún tipo de represión ou discriminación, polo feito da súa afiliación sindical.

As garantías recoñecidas ós representantes dos traballadores, referentes a despedimentos e sancións, serán mantidas durante dous anos despois de cesar no cargo.

Artigo 1º.-Dereitos da sección sindical.

Os traballadores afialiados a unha central sindical poderán constituír no seo da empresa a sección sindical da empresa. Cando a sección sindical teña unha afiliación equivalente ó 10% do cadro de persoal disporá dos seguintes medios:

-Taboleiro de anuncios da súa central sindical, para propaganda dela.

-Dereito a desconto en nómina das cotas sindicais ós interesados, sempre que o autorizasen por escrito e sendo unha cantidade fixa.

Artigo 2º.-Comité de empresa.

Recoñécese como o órgano representativo na empresa o comité elixido polos traballadores.

Os representantes dos traballadores disporán dun máximo de 40 horas mensuais remuneradas ó salario real, para actividades sindicais de toda índole. Non se deducirán destas as utilizadas por petición da empresa. As ditas 40 horas entenderanse por cada un dos delegados e contabilizaranse colectivamente para a súa utilización. Para facer uso destas, só será necesaria a comunicación á dirección da empresa con 48 horas de antelación sempre que sexa posible. Así mesmo, será o comité quen controle o tempo sindical, xustificando o emprego del cando o requira a empresa.

A empresa disporá de local para a actividade dos delegados do comité.

O comité de empresa poderá cumprir tarefas informativas no interior da empresa en horas de traballo, sen interromper nin prexudica-lo proceso de producción.

O comité de empresa estará debidamente informado do tema socio-económico da empresa e de todo o que a lexislacón vixente rexistra a este respecto, a empresa informará trimestralmente, sobre a situación económico-financeira, e da realización de horas extraordinarias ó comité.

Cunha antelación máxima de seis meses, a empresa deberá informa-lo comité cando pretenda peches, absorcións, traslados, fusións, etc.

Se se producise desconformidade entre a empresa e traballadores en calquera centro de traballo que afecte a este convenio, antes de tomar calquera dilixencia parcial, intentarase solventar mediante unha reunión do Comité Intercentro (formado por tódolos delegados de persoal de tódolos centros de

traballo) e a empresa de non chegarse a un acordo, trasladarase á delegación provincial da Consellería de Traballo, para que resolva.

Axudas de custo comité intercentros: a empresa aboará ós membros do Comité Intercentros, en concepto por axuda de custo de comida 2.500 ptas. por cada un deles, así como, a contía estipulada por quilómetro e peaxes de autoestrada cando se despracen en vehículos propios, cun tope máximo de catro reunións ó ano, excluíndose destas as reunións propias da negociación colectiva e as que se realicen coa dirección da empresa.

O comité de empresa terá garantida a súa audición na comisión de organización do traballo, no establecemento das primas, ritmos, valoración de postos de traballo, duración das xornadas laborais, promocións, ascensos.

Así mesmo, o comité de empresa poderá convoca-las asembleas que necesite, nos locais da empresa fóra das horas de traballo logo de comunicación á dirección da empresa. O conxunto do cadro de persoal disporá de doce horas anuais retribuídas, para realizar asembleas nos locais da empresa.

A convocatoria da asemblea será feita polo comité de empresa, o cal tamén presidirá a asemblea, logo de acordo coa dirección e sen prexuízo da producción.

Capítulo IV

Seguridade e hixiene

Arigo 1º

Establecerase un comité de prevención de riscos laborais, constituído por dous membros do comité de empresa e outros dous representantes nomeados pola empresa, coas funcións que lles asigne a lexislación vixente.

Artigo 2º.-Revisión médica.

Efectuarase unha revisión médica anual obrigatoria, ó conxunto do cadro de persoal. A dita revisión será controlada polo comité de prevención de riscos laborables.

Artigo 3º.-Pezas de roupa de traballo.

Os traballadores recibirán da empresa as pezas de roupa de traballo e calzado adecuado que estime necesario para o persoal de despacho, no desenvolvemento das súas funcións. Así mesmo, proverase ós repartidores de pezas de roupa de auga.

Capítulo V

Condicións económicas

Artigo 1º.-Pagas extraordinarias.

Seguiranse mantendo as pagas establecidas que se aboarán nas seguintes datas e polos cómputos: soldo, antigüidade, plus de rendemento.

-1ª paga: día 15 de marzo.

-2ª paga: día 15 de xullo.

-3ª paga: día 15 de setembro.

-4ª paga: día 15 de decembro.

Artigo 2º.-Axuda por defunción.

En caso de falecemento do traballador cun ano de antigüidade alomenos na empresa, queda esta obrigada a satisfacer ós seus dereito habentes, o importe de dúas mensualidades, iguais cada unha delas, á última que o traballador percibise, incrementada con tódolos emolumentos inherentes a ela.

Artigo 3º.-Incremento salarial.

Incremento salarial do IPC real desde 1998, acordándose con data desta acta aboar a conta con efectos do 1 de xaneiro de 1998 o 0,5% sobre tódolos conceptos salariais e o que resta por aplicar do incremento pactado para 1998, revisarase unha vez pechada a conta de resultados da empresa nos tres primeiros meses do ano 1999. Estudiadas as posibilidades económicas da empresa, se estas o permitisen, aplicaríase o que resta do incremento pactado, en parte ou na súa totalidade, con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro de 1998.

Artigo 4º.-Homologación.

Para financia-la revalorización das rendas vitalicias nun 2% no E.R.E. autorizado con data do 22 de xuño de 1998, restarase a metade do dito importe (X = 19.463.472 ptas.//X/2 = 9.731.736 ptas.) á base de homologación pendente, que neste momento é do 2,64% segundo o esquema seguinte:

Custo de revalorización 2% rendas vitalicias: X (19.463.472) ptas.

-X/2 (9,731,736) ptas.: parte empresarial.

-X/2 (9.731,736) ptas.: parte social (homologación).

Homologación pendente resto do cadro de persoal: Y ptas.

Tanto por cento de homologación para custear revalorización (Z%) = X/2 x100

Y

Homologación pendente de aboar resultante H% = 2,64% (1-Z%/100)

Homologación pendente de aboar resultante H%= 2, 64% (I-Z%/100)

Artigo 5º.-Atrasos 1997.

Con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro de 1997 aplicarase sobre tódolos conceptos salariais o 0,5%.

Cláusulas adicionais

1ª Tódalas referencias deste convenio, en relación co comité de empresa, enténdense extensibles ós delegados de persoal.

2ª Vinculación á totalidade: o presente convenio forma un total indivisible, pois as condicións pactadas estimáronse globalmente, se a autoridade competente non aprobase algunha das súas cláusulas ou se indicase a introducción de modificacións que poidan alterar esta globalidade a que se fai referencia, o convenio reconsiderarase na súa totalidade.

3ª O plus de convenio e o de transporte non serán computables para efectos do cálculo do importe da antigüidade.

4ª Garantías do posto de traballo: durante a vixencia deste convenio respectaranse os postos de traballo, agás causas xustificadas.

5ª Mobilidade de cadros de persoal: a empresa poderá desprazar ós traballadores afectos ó cadro de persoal dos centros de traballo dela, situados na Coruña, isto é, almacén de Pocomaco e fábrica de apósitos, durante o tempo que estrictamente sexa preciso motivado por necesidades de servicio, sen que iso implique variación de horario que cada centro viña realizando, sen que os traballadores desprazados deixen de pertencer ós seus respectivos cadros de persoal. A dita mobilidade será informada favorablemente polo comité de empresa, cando a criterio da dirección da empresa o esixan as necesidades de servicio.

6ª Grupos profesionais e ordenanza laboral: traslado ó convenio o acordo sobre os grupos profesionais e complementos de posto de traballo (anexo I ó convenio).

7ª Reducción de xornada: o horario de saída dos días 24 e 31 de decembro queda establecido ás 19 horas para a quenda de tarde.

8ª Plus de substitucións: a fin de compensar economicamente os traballadores, que deben substituír durante períodos de tempo, superiores a 15 días a persoas que exercen realmente como xefes de sección, servicio, etc., aboarase ó substituto a diferencia de soldo base e plus de convenio de acordo coa categoría da persoa que se vai substituír.

9ª Promoción interna da muller: ambas partes de acordo coa directiva 76/207/CEE promoverán a acción positiva como instrumento para a igualdade de oportunidades entre os homes e mulleres.

10ª Protección da dignidade do home e a muller no traballo: conforme a recomendación da CEE 92/131 a empresa comprométese a previr e sancionar todo tipo de conductas que atenten contra este principio.

11ª Canal de información: a partir da sinatura deste convenio todo conflicto ou discrepancia non só con relación ó convenio senón a tódolos que se susciten en calquera centro de traballo de Cofaga, será canalizado a través do comité intercentros para que este o remita ó departamento de persoal facendo así a comunicación máis fluída entre os representantes dos traballadores e a parte empresarial.

CategoríaS. baseP. Rend.P. Conv.P. Transp.Sal. anual

Director técnico145.54012.41727.6806.2162.934.064
Xefe persoal141.21812.41724.7056.2162.829.212
Xefe compras132.10312.41723.7806.2162.672.272
Xefe almacén122.97912.41722.8356.2162.514.948
Xefe sección117.053 12.41722.2366.2162.412.944
Depend. maior Esp.112.03912.41721.7226.2162.326.552
Dependente maior109.296 12.41721.4426.2162.279.304
Dependente107.01212.41721.2056.2162.239.916
Axud. Depend. 96.48712.41720.1336.2162.058.652
Aprendiz 16 anos 72.30712.41716.7566.2161.631.248
Aprendiz 17 anos 77.98412.41717.5826.2161.731.992
Mozo Especializ.107.01212.41721.2056.2162.239.916
Mozo sereno L. 96.52112.41720.1346.2162.059.208
Prof. oficio 1ª107.01212.41721.2056.2162.239.916
Prof. oficio 2ª102.70712.41720.3406.2162.160.656
Recep. Telef. 1ª107.012 12.41721.205 6.2162.239.916
Recep. Telef. 2ª105.64312.41721.0626.2162.216.296
Xefe administrativo132.10312.41723.780 6.2162.672.272
Xefe sección Adm.117.053 12.41722.236 6.2162.412.944
Contador107.10312.41721.2246.2162.241.600
Secretaria109.29612.41721.4426.2162.279.304
Oficial Admin. 1º109.29612.41721.4426.2162.279.304
Oficial Admin. 2ª107.01212.41721.2056.2162.239.916
Auxiliar Admin.104.05912.41720.9056.2162.189.068
Viaxante108.37912.41721.3456.2162.263.468
Programador117.05312.41722.2366.2162.412.944