Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto de execución do parque eólico denominado Fonte Toxoso. (Expediente 014-EOL).

Por Resolución do 9 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, autorizáronse as instalacións electromecánicas, declarouse a utilidade pública e aprobouse o proxecto de execución do parque eólico denominado Fonte Toxoso.

A dita declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición

dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, cos que non se chegou a un acordo, que se relacionan no anexo, para que comparezan no Concello de Vilalba e Abadín, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación. As afeccións designadas na relación de bens e dereitos implican:

Afeccións indicadas como: aeroxerador, superficie de apoio e sistema colector, superficie ocupada ocupación de pleno dominio dos terreos.

Afeccións indicadas como camiño, superficie e aeroxerador voo, servidume permanente de paso coas seguintes limitacións ó dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares, así como plantar árbores e arbustos.

2. Prohibición de efectuar calquera tipo de obras ou efectuar calquera acto que puidera danar ou prexudica-lo bo funcionamento das instalacións.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para executar, manter, renovar ou repara-las instalacións.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e un notario, se o estiman oportuno, cos gastos pola súa conta.

Así mesmo, advírteselles a tódolos interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nesta delegación provincial ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de emendar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados.

Desta convocatoria daráselle traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se lle sinalará día e hora para o levantamento de actas.

Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación.

No expediente expropiatorio Desarrollos Eólicos, S.A., asumirá a condición de beneficiaria.

Lugo, 17 de xuño e 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Planta eólica Fonte Toxoso

Predio nº: 3,7.

Pol: 11.

Propietario, nome: descoñecido.

Domicilio: descoñecido.

Cultivo: monte e monte baixo.

Lugar: Toxoso.

Concello: Vilalba.

Aeroxerador, superficie, apoio: 2.736 m.

Aeroxerador, voo: 10.013 m.

Camiño, superficie ocupada: 23.760 m.

S. Colec., superficie ocupada: 3.717 m.