Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 29 de xuño de 1999 Páx. 8.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto de execución do parque eólico denominado Penas da Mosa. (Expediente 016-EOL).

Por Resolución do 8 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, autorizáronse as instalacións electromecánicas, declarouse a utilidade pública e aprobouse o proxecto de execución do parque eólico denominado Penas da Mosa.

A dita declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, cos que non se chegou a un acordo, que se relacionan no anexo, para que comparezan no Concello de Vilalba e Abadín, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

As afeccións designadas na relación de bens e dereitos implican:

Afeccións indicadas como: aeroxerador, superficie de apoio e sistema colector, superficie ocupada ocupación de pleno dominio dos terreos.

Afeccións indicadas como camiño, superficie e aeroxerador voo, servidume permanente de paso coas seguintes limitacións ó dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares, así como plantar árbores e arbustos.

2. Prohibición de efectuar calquera tipo de obras ou efectuar calquera acta que puidera danar ou prexudica-lo bo funcionamento das instalacións.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para executar, manter, renovar ou repara-las instalacións.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e un notario, se o estiman oportuno, cos gastos pola súa conta.

Así mesmo, advírteselles a tódolos interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nesta delegación provincial ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de emendar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados.

Desta convocatoria daráselle traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se lle sinalará día e hora para o levantamento de actas.

Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación.

No expediente expropiatorio Desarrollos Eólicos, S.A., asumirá a condición de beneficiaria.

Lugo, 17 de xuño e 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Planta eólica Penas da Mosa

Pol.NomeDomicilioCultivoLugarConcelloAeroxeradorCamiñoSistema

colector

Superficie

apoio

VooSuperficie

ocupada

Superficie

ocupada

184388Jesús Villares Carballido,

representante: Magín Barro Cabana

Leiras de Abaixo. Montouto, Abadín (Lugo)Monte baixoRevoltaAbadín121 m1.256 m220 m40 m

185388José H. Carballido Barrio. Representante: Magín Barro CabanaLeiras de Abaixo. Montouto, Abadín (Lugo)Monte baixoRevoltaAbadín680 m85 m

186388Esperanza Pardiño Gil. Representante: Magín Barro CabanaLeiras de Abaixo. Montouto, Abadín (Lugo)Monte baixoRevoltaAbadín760 m95 m

Pol.NomeDomicilioCultivoLugarConcelloAeroxeradorCamiñoSistema

colector

Superficie

apoio

VooSuperficie

ocupada

Superficie

ocupada

187388Martín Barro Cabana e esposa. Representante: Magín Barro CabanaLeiras de Abaixo. Montouto, Abadín (Lugo)Monte baixoRevoltaAbadín210 m30 m

188388María Gil Pita. Representante: Santiago Pardiño Gil.A Bacariza. Montouto, Abadín (Lugo)Monte baixoRevoltaAbadín360 m

189388José Carballido Cuba. Representante: Elías Vizoso CoiraCarboneiro. Montouto, Abadín (Lugo)Monte baixoRevoltaAbadín280 m

190388Josefa Barro Fernández. Representante: Dorinda Barro FernándezArca. Montouto, Abadín (Lugo)Monte baixoRevoltaAbadín240 m

183388María Cuba e José Carbadillo. Representante: Dorinda Barro Fdez. e Elías Vizoso CoiraArca. Montouto, Abadín (Lugo)Monte baixoRevoltaAbadín160 m

182388Josefa Barro Fernández. Representante: Magín Barro CabanaLeiras de Abaixo. Montouto, Abadín (Lugo)Monte baixoRevoltaAbadín440 m55 m

181388Benito H. Barro Fernández. Representante: Magín Barro CabanaLeiras de Abaixo. Montouto, Abadín (Lugo)Monte baixoRevoltaAbadín440 m55 m

180388Martín Barro Cabana. Representante: Magín Barro CabanaLeiras de Abaixo. Montouto, Abadín (Lugo)Monte baixoRevoltaAbadín440 m55 m

179388Esperanza Pardiño Gil. Representante: María Pardiño GilVeiga. Montouto, Abadín (Lugo)Monte baixoRevoltaAbadín280 m35 m

178388Santiago Pardiño Cabana. Representante: Severino Díaz CabanaLeiras de Arriba. Montouto, Abadín (Lugo)Monte baixoRevoltaAbadín440 m55 m

177388Jesús Pardiño Rego. Representante: Asunción ExpósitoA Ponte. Montouto, Abadín (Lugo)Monte baixoRevoltaAbadín440 m55 m

176388José Díaz Otero. Representante: Elías Vizoso CoiraCarboeiro. Montouto, Abadín (Lugo)Monte baixoRevoltaAbadín440 m55 m

175388Jesús Villares Rouco. Representante: Ermitas Carballido PardiñoEsquina Cardenal Cisneros RB., 1º D, A CoruñaMonte baixoRevoltaAbadín680 m85 m

174388José Carbadillo Barrio. Representante: Ermitas Carballido PardiñoEsquina Cardenal Cisneros RB, 1º D, A CoruñaMonte baixoRevoltaAbadín1.120 m150 m

125388José Carbadillo Barrio. Representante: Ermitas Carballido PardiñoEsquina Cardenal Cisneros RB, 1º D, A CoruñaMonte baixoMonte R.Abadín242 m2.512 m1.760 m220 m

244388José Gil Pérez. Representante: José Pardiño GilA Bacanza. Montouto, Abadín (Lugo)Monte baixoRego C.Abadín242 m2.512 m1.200 m150 m

123388Herdeiros de Antonio Canoura. Representante: Manuel Barros GilRegocabado. Montouto, Abadín (Lugo)Monte baixoMonte R.Abadín121 m1.256 m1.600 m80 m

118388Josefa Gil Pardiño. Representante: Manuel Barros GilRegocabado. Montouto, Abadín (Lugo)Monte baixoMonte I.Abadín363 m1.768 m1.680 m10 m

122388José H. Carballido Barrio. Representante: Fernando Souto BarroCarboeiro. Montouto, Abadín (Lugo)Monte baixoMonte I.Abadín242 m2.512 m800 m100 m

55

3

7

10,

11,

11

DescoñecidoDescoñecidoMonte baixoToxosoVilalba3.168 m14.234 m31.603 m2.985 m