En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 7 de maio de 1999, do que a súa parte dispositiva é seguinte texto literal:
«1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Monseivane.
2. De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997, polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento dos concellos de Abadín e Vilalba queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.
Consecuentemente, non se requirirá autorización urbanística previa para as instalacións incluídas no citado proxecto».
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1999.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria e Comercio