Vista a solicitude para a autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados pola expropiación, así como para a aprobación do proxecto de execución que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Tineo (Valdoviño).
Liña eléctrica aérea a 20 kV cunha lonxitude de 0,322 km con orixe na L.M.T. Mera-Moeche (expediente 27415) e final no C.T. proxectado Tineo, cunha potencia de 50 kVA 20.000/380-220 V tipo intemperie e unha rede de baixa tensión de 0,047 km de lonxitude, con orixe no C.T. Tineo, con conductor tipo R.Z. e apoios de formigón, no termo municipal de Valdoviño.
A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, e publicouse no DOG do 13-7-1998, no BOP do 18-6-1998, no xornal La Voz de Galicia do día 16-7-1998 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Valdoviño. Tamén foron notificados individualmente os interesados que figuran na devandita relación.
Esta delegación provincial comprobou que a liña, ó seu paso polos terreos relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións recollidas no artigo 57.A da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e no artigo 25 do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro (BOE do 24 de outubro).
Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:
Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública, o que leva implícita a necesidade de ocupa-los bens ou de adquiri-los dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte
ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 6 de maio de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña