Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.232

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (1/1999).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño:

Que no xuízo verbal de faltas número 1/1999, que neste xulgado se segue por furto, se dictou sentencia con encabezamento e decisión do seguinte teor literal:

En Santiago de Compostela, vinteoito de maio de 1999. José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia.

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 1/1999, seguidos neste xulgado sobre furto, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, a denunciante Monserrat Aldrey Míguez e o denunciado Ángel Manuel Busto Casais. (Seguen antecedentes de feito. Feitos probados. Fundamentos de dereito) Decido: que debo condenar e condeno a Angel Manuel Busto Casais como autor dunha falta de furto á pena de

multa dun mes, fixando o importe da cota diaria da pena de multa na contía de cincocentas pesetas e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. Así mesmo, condénoo ó pagamento das custas procesuais. Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación perante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación a Ángel Manuel Busto Casais, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela, un de xuño de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado