Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 2 de xuño de 1999, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan aumentos de base impoñible pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Rivera Gómez, Domingo e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aumentos de base impoñible pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados dende o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta Delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario de 9 a 14, horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o dia seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 2 de xuño de 1999.

P.A. (DOG nº 22, do 3-2-1997)

Emilia Martínez González

Secretaria territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Rivera Gómez, Domingo

DNI: 36.110.885

Torrecedeira 103

Vigo

Imposto sucesións e doazóns

Exp. 101/95 nº doc. 651300008424

Soto Soto,Rosa

DNI: 35.933.813

Gran Vía 128

Vigo

Imposto sucesións e doazóns

Exp. 342/95 nº doc. 651400000114