Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño:
Que no xuízo verbal de faltas número 179/1998, que se segue neste xulgado por furto, se dictou sen
tencia con encabezamento e decisión do teor literal seguinte:
Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 179/1998, seguidos neste xulgado sobre furto, nos que son parte, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, a denunciante María Fernández Millán; e os denunciados Evaristo Múgica Outeiral e Eduardo Suárez Pombo.
Decido: que debo condenar e condeno a Evaristo Múgica Outeiral como autor dunha falta de furto á pena de multa dun mes, fixando o importe da cota diaria da pena de multa na contía de cincocentas pesetas e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. Así mesmo, condénoo ó pagamento das custas procesuais. E debo absolver e absolvo a Eduardo Suárez Pombo da falta de furto pola que foi denunciado.
Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación perante este xulgado para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.
Así por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E para que así conste e sirva de notificación a Eduardo Suárez Pombo, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela, trinta e un de maio de mil novecentos noventa e nove.
A secretaria
Rubricado