Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 28 de xuño de 1999 Páx. 8.232

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (89/1998).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño:

Que no xuízo verbal de faltas 89/1998, evacuado o trámite ó Ministerio Fiscal, solicita aclaración de sentencia.

En Santiago de Compostela, trinta e un de maio de mil novecentos noventa e nove.

Feitos: único. Que o Ministerio Fiscal, evacuado o traslado conferido en virtude da notificación da sentencia do 21-1-1999, dictada en autos de xuízo de faltas nº 89/1998, conforme o disposto no artigo 267 LOP, solicita que se corrixa o erro simplemente mecanográfico que se observa na liña quinta da citada sentencia.

Razoamentos xurídicos: único: establece o artigo 267 da LOPX que os xuíces e tribunais non poderán varia-las sentencias e autos definitivos que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro ou suplir calquera omisión que conteñan. Non se dá neste caso na sentencia recaída neste xuízo de faltas, polo que procede aclaración.

Parte dispositiva: vistos os preceptos legais e de xeral aplicación, dispoño que non procede aclara-la sentencia do vinteún de abril de mil novecentos noventa e nove, recaída neste xuízo de faltas, ó observarse que é un erro de impresión, deixando testemuño nas actuacións. Así o dispón, manda e asina Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Instrucción número catro de Santiago de Compostela.

E para que conste e lle sirva de notificación a José María Fernández Piñeiro, José Luis Barreira Rodríguez, Luis Alberto López García e Patricia López Villaverde, todos eles en paradoiro descoñecido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela, trinta e un de maio de mil novecentos noventa e nove.

O/a secretario/a

Rubricado