Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de actuación número 29 do Plan Xeral de Ordenación Urbana, situada en Ponte Bolera.

O Pleno da Corporación, en sesión do 27-5-1999, acordou aprobar definitivamente o proxecto de estatutos e o de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de execución nº 29 do Plan Xeral de Ordenación Urbana-Ponte Bolera, formulado por José García Blanco, Carlos Romero García e Valentín González Dacal con data do 30-10-1998 e reformado o 23-12-1998, os que, coas súas respectivas donas, conforman a totalidade dos propietarios da unidade, coa finalidade de proceceder á súa xestión e execución designándose, como representante desta administración, no órgano rector da xunta ó concelleiro Juan Enrique Magdalena Chan, e requiríndose os propietarios afectados a constitución, mediante escritura pública, da xunta

de compensación da unidade, no prazo de tres meses desde a firmeza en vía administrativa do acto de aprobación de estatutos e bases, do cal o texto definitivo é o publicado no BOP nº 54 do 22-3-1999, ó adecuarse ás dispsosicións da Lei 6/1998, do 13 de abril.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desa Lei 30/1992, poderase entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contados desde o día seguinte ó daquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes consonte a dereito.

Pontevedra, 3 de xuño do 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral