Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión celebrada o día 18 de maio de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de bases e estatutos da Xunta de Compensación da Unidade de Actuación número trinta e un (UA-31), no Petón-Meicende, Arteixo, promovido por José Rodríguez Vázquez e Esperanza Rodríguez Vázquez. Sométese o expediente a información pública por prazo mínimo de vinte días mediante anuncio no DOG e no BOP, e de forma individualizada a tódolos interesados con mención dos diarios oficiais nos que se publica o devandito acordo.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na avenida do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que estimen convenientes. (Expediente 18/1999.BE).

Arteixo, 11 de xuño de 1999.

Manuel Pose Miñones

Alcalde-presidente