Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PASTORIZA

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión celebrada o día 7 de maio do ano en que estamos, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación por concurso aberto e tramitación urxente das obras do proxecto de pista de karting, exponse ó público na secretaría deste concello polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para efectos de exame e reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase a contratación da dita obra, se ben no suposto de presentarense reclamacións contra o prego de cláusulas, o concurso apra

zarase cando resulte necesario, ata que sexan resoltas pola propia corporación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Concello da Pastoriza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: pista de karting.

b) Lugar de execución: concello da Pastoriza.

c) Prazo de execución: seis meses.

3. Orzamento base de licitación, importe total: 73.699.128 pesetas, IVE incluído.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Garantías.

a) Provisional: 1.473.983 pesetas.

b) Definitiva: 2.947.965 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello da Pastoriza.

b) Domicilio: praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade e código postal: A Pastoriza 27287.

d) Teléfono: 982 33 21 97.

e) Fax: 982 33 22 33.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación no grupo G, subgrupo 6, categoría d).

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello da Pastoriza, praza de Galicia, nº 1.

9. Apertura de ofertas: no salón de sesións deste concello ás trece horas do quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Criterios que serviran de base para a adxudicación.

-Unidades de obra adicional, ata oito puntos.

-Antecedentes relativos a obras de natureza análoga realizadas polo contratista para as distintas administracións públicas, ata seis puntos.

-Prazo de execución, ata catro puntos.

-Prezo, ata dous puntos.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Pastoriza, 18 de maio de 1999.

José Yáñez García

Alcalde