Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto de subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia, para adquisición de moblaxe e equipamento sanitario con destino ó Hospital Comarcal da Costa de Burela (Lugo). (SCS.-32/99) (14 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: adquisición de moblaxe e equipamento sanitario con destino ó Hospital Comarcal da Costa de Burela (Lugo). (SCS.-32/99) (14 lotes).

Orzamento: dezaoito millóns setecentas cincuenta mil sesenta pesetas (18.750.060 ptas., IVE incluído). (112.690,13 euros).

Lote nº 1. Moblaxe para hospitalización: 5.701.500 ptas. IVE incluído.

Lote nº 2. Cadeira de brazos de doente ergonómico: 874.000 ptas. IVE incluído.

Lote nº 3. Mesa de noite de doente: 1.050.000 ptas. IVE incluído.

Lote nº 4. Cadeirado: 3.165.000 ptas. IVE incluído.

Lote nº 5. Negatoscopios: 647.000 ptas. IVE incluído.

Lote nº 6. Guindastre doentes: 550.000 ptas. IVE incluído.

Lote nº 7. Padiolas especiais: 2.194.400 ptas. IVE incluído.

Lote nº 8. Equip. de carros para diversos servicios: 605.000 ptas. IVE incluído.

Lote nº 9. Moblaxe e utensilios: 269.500 ptas. IVE incluído.

Lote nº 10. Moblaxe de mantemento: 1.955.000 ptas. IVE incluído.

Lote nº 11. Vitrinas: 65.000 ptas. IVE incluído.

Lote nº 12. Mesas e armarios: 695.000 ptas. IVE incluído.

Lote nº 13. Equipamento electrodomésticos: 215.000 ptas. IVE incluído.

Lote nº 14. Equip. sanitario para diversos servicios: 763.660 ptas. IVE incluído.

Fianza provisional:

Lote nº 1: 114.030 ptas. IVE incluído.

Lote nº 2: 17.480 ptas. IVE incluído.

Lote nº 3: 21.000 ptas. IVE incluído.

Lote nº 4: 63.300 ptas. IVE incluído.

Lote nº 5: 12.940 ptas. IVE incluído.

Lote nº 6: 11.000 ptas. IVE incluído.

Lote nº 7: 43.888 ptas. IVE incluído.

Lote nº 8: 12.100 ptas. IVE incluído.

Lote nº 9: 5.390 ptas. IVE incluído.

Lote nº 10: 39.100 ptas. IVE incluído.

Lote nº 11: 1.300 ptas. IVE incluído.

Lote nº 12: 13.900 ptas. IVE incluído.

Lote nº 13: 4.300 ptas. IVE incluído.

Lote nº 14: 15.273 ptas. IVE incluído.

Garantía provisional dos 14 lotes: 375.001 pesetas (2.253,80 euros).

Ver resumen de prescricións técnicas para garantía provisional de cada lote (anexo III).

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata 31 de decembro de 1999.

Admisión de variantes: admítense a presentación de variantes.

Cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e proposicións agrupadas de varios lotes, atá un máximo de tres.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Solvencia técnica: no caso dos productos sanitarios, a solvencia técnica acreditarase mediante declaración responsable do cumprimento da lexislación vixente en especial no R.D. 414/1996, do 1 de marzo, (marcado CE, consonte coa directiva 89/336CE ou 93/42CE e xunto co número de identificación do organismo notificado, con excepción nos productos da clase I).

No caso doutros productos que non precisen axustarse ó establecido no citado real decreto, a solvencia técnica acreditarase mediante algún dos documentos sinalados no anexo II do prego, xunto cunha declaración responsable do licitador relativa á non aplicabilidade.

Criterios de adxudicación:

1. Composición e características técnicas dos equipos ofertados: cumprimento das características técnicas mínimas esixidas, incorporacións das características técnicas superiores ás mínimas esixidas, resultado da análise do cadro comparativo, deseño e ergonomía, etc.: ata 50 puntos.

2. Características da prestación do servicio: tempo de resposta e servicio técnico na praza, duración e cobertura da garantía, contrato de mantemento a todo risco, resultado da análise do cadro comparativo, etc.: ata 25 puntos.

3. Prezo dos equipos ofertados: ata 15 puntos.

4. Outros valores engadidos: inclusión de melloras non esixidas nos pregos de prescricións técnicas. Cumprimento ISO 9000, etc.: ata 10 puntos.

Documento de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano,

bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1999.

Antonio Fernández-Campa García Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos