Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

Con data do 8 de xuño de 1999 a Comisión de Goberno aprobou o prego de cláusulas administrativas para a contratación da obra de pavimentación e saneamento na rúa Peipaz e Carballeira, (PB/1999) o que se expón ó público na secretaría do concello, polo prazo de 8 días hábiles, para que poidan presentarse reclamacións, contando desde o día seguinte ó da inserción do derradeiro anuncio no BOP ou DOG.

Simultaneamente anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato, se ben a licitación se aprazará cando

resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o devandito prego.

1. Entidade adxudicataria.

Concello de San Cibrao das Viñas.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: realización da obra de pavimentación e saneamento na rúa Peipaz e Carballeira.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: rúa Peipaz e Carballeira, San Cibrao das Viñas.

d) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

14.640.000 (catorce millóns seiscentas corenta mil ptas.).

5. Garantías.

Provisional: 292.800 ptas., 2% do orzamento base de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento do contrato base de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Secretaría do Concello de San Cibrao das Viñas, en horario de 9 a 14 horas.

b) Domicilio e teléfono: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas, praza da Constitución 1. San Cibrao das Viñas, teléfono: 988 38 10 34; fax: 988 38 11 01.

c) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

Un exemplar do proxecto e do prego de cláusulas depositarase na fotocopiadora Puga, situada na zona universitaria (Ourense) para o obtención de copias polos interesados.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG de 9 a 14 horas. Se o último día fose inhábil ou sábado o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación, consonte cos modelos que se establecen no dito prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da casa do concello ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas.

b) Data: o terceiro día hábil seguinte (excepto sábados) a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 11 horas.

10. Outras informacións.

Os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos do anuncio.

Os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

San Cibrao das Viñas, 9 de xuño de 1999.

A alcaldesa

Rubricado