Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.133

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 1 de xuño de 1999 pola que se lle notifica a José Fernández Jiménez a resolución acordada no expediente de desafiuzamento da vivenda do expediente C82030, conta 91.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a José Fernández Jiménez, beneficiario da vivenda de protección oficial identificada como Expte. C82030 conta 91, a resolución do director xeral do IGVS do 26 de marzo de 1999, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato de aluguer da vivenda que lle foi adxudicada e o lanzamento da vivenda, por falta de pagamento.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992 transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Expediente de desafiuzamento administrativo.

Resolución.

Visto o expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra José Fernández Jiménez, beneficiario da vivenda obxecto da presente resolución, situada na rúa Rafael Alberti nº 10-2-C na Coruña, correspondente ó:

Expediente: C82030, conta 91, por incumprimento do contrato en canto á falta de pagamento das cotas, con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública.

Tendo en conta os seguintes:

Feitos.

1. Que a entidade colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia emite certificado no que se comproba a falta de pagamento dos recibos pendentes por un importe total que ascende a 734.112 ptas. na data do 5 de xuño de 1998.

2. Que, requirido por carta certificada con xustificante de recepción, que se atopa incorporada ó expediente, para que no prazo de dez días efectuase o pagamento das cantidades debedas a esa data, o dito requirimento non foi atendido.

3. Con data do 12 de marzo de 1999, a empresa recadadora informa que a débeda acumulada se sitúa en 815.346 ptas.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

2. Os feitos denunciados constitúen causa legal suficiente de resolución de contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, e artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vistos.

Os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral, resolvo,

1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda que levará a cabo o representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L. que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do IGVS e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos de administración, incorporada ó expediente e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselle ó interesado que de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda coa recarga do 10%, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación.

2. A resolución firme do contrato levará consigo a prohibición para contratar coa administración nos termos previstos no artigo 20 c) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Notifíqueselles-la presente resolución ós interesados con expresión dos recursos legais que procedan.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1999.

José Antonio Redondo López

Director Xeral do IGVS»

Contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da presente notificación, conforme ó que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1999.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo