Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 17 de xuño de 1999 pola que se lle notifica a Ángel Arias Pérez a resolución acordada no expediente de desafiuzamento 77/1998 da provincia da Coruña.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación no domicilio do interesado sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a Ángel Arias Pérez beneficiario da vivenda de protección oficial identificada como expediente C82010 conta 108 a resolución do director xeral do IGVS do 18 de maio de 1999 pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato de aluguer da vivenda que lle foi adxudicada, recaída no procedemento de desafiuzamento administrativo tramitado por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do arrendatario.

Contra a citada resolución que non é definitiva na vía administrativa cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente notificación, conforme ó que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999 de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992 transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Resolución do procedemento de desafiuzamento non ocupación 77/98.

Vistas as actuacións practicadas no expediente de desafiuzamento 77/98 do acordo cos seguintes:

Antecedentes de feito.

1. Con data do 17-9-1998 dictouse acordo de desafiuzamento contra Ángel Arias Pérez por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda identificada como expediente C-82/010 conta 108, da que é titular por contrato de arrendamento subscrito co IGVS o 23-7-1986, toda vez que se constata a ocupación desta por Andrés Salazar Montoya e outros.

O dito acordo foi publicado no DOG do 21-10-1998 e no taboleiro de edictos do Concello de Ferrol ó resultar descoñecido o seu paradoiro, sen ser contestado polo interesado.

2. Con data do 9-12-1998 a instructora do expediente emite proposta de resolución do contrato subscrito, que, igualmente é publicada no DOG do 1-3-1999 e no taboleiro de edictos do concello. Non se presentaron alegacións.

3. Con data do 28-12-1998 recibiuse escrito de Andrés Salazar Montoya contestando o acordo de desafiuzamento 76/98 incoado contra el por ocupación sen título legal da vivenda.

Feitos probados.

Do exame do expediente dedúcense como feitos probados que Ángel Arias Pérez non destina a vivenda a domicilio habitual e permanente.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para resolve-lo expediente o director xeral do IGVS en virtude das facultades previstas na Lei 3/1988, do 27 de abril de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo e no Decreto 70/1997 de estructura orgánica do organismo antes citado.

2. Os indicados feitos probados constitúen causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.6º do R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, texto refundido da lexislación de vivendas de protección oficial, e no artigo 138.6º do Regulamento, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

3. Na tramitación do expediente foron observadas as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, no artigo 30 do texto refundido de VPO, Decreto 2960/1976, do 12 de novembro, na Lei 30/1992, do 26 de novembro e 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto,

ACORDO:

A resolución de pleno dereito do contrato de arrendamento da vivenda identificada como expediente C82010 conta 108 da que é titular Ángel Arias Pérez, por non destinala a domicilio habitual e permanente.

Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa poderá interpoñerse recurso de alzada conforme os artigos 107.1º e 114 a 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción.

Notifíqueselles esta resolución ós interesados con mención dos requisitos esixidos polo artigo 48.2º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1999.

José Antonio Redondo López

Director xeral do IGVS».

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1999.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituo Galego da Vivenda

e Solo