Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 5 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da resolución do expediente 29/98, en materia de regularización da situación dos ocupantes nas vivendas de promoción pública.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á interesada, cos datos e último enderezo coñecido, a resolución do expediente tramitado ó abeiro do Decreto 123/1998, en materia de regularización da situación dos ocupantes nas vivendas de promoción pública, devolta polo servicio de correos:

«Expediente: 29.

Solicitante: Mª Manuela Pires Teixeira Días.

Grupo, localidade: Primeiro de Maio; Verín.

Vivenda. Bloque III, piso 3º dereita.

Visto o expediente de referencia, tramitado ó abeiro do Decreto 123/1998, e de acordo cos seguintes feitos:

1. O día 11 de agosto de 1998 deuse entrada no rexistro desta delegación provincial á solicitude máis arriba indicada.

2. Xunto con outra documentación relativa ó procedemento, a interesada achegou dous escritos dirixidos a xustifica-los ingresos económicos percibidos no ano 1997; a) o certificado expedido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria na súa sede en Verín, do que se desprende que non consta ningunha información nesta materia sobre a peticionaria; b) unha declaración asinada pola solicitante na que se recoñece que os únicos ingresos de que dispón ó ano son os de 30.000 ptas., por causa do seu fillo, menor de idade.

Razoamentos xurídicos:

Primeiro.-Competencia.

A delegación provincial do IGVS é competente para a resolución do presente expediente, de acordo co disposto no Art. 17 do Decreto 70/1997.

Segundo.-Tramitación.

O artigo 6 do Decreto 123/1998 establece que o ocupante que pretenda acollerse ós beneficios previstos neste decreto deberá acreditar que reúne os requisitos que fixa o Decreto 98/1992, sobre financiamento e adxudicación de vivendas de promoción pública. Neste último decreto disponse que os ingresos mínimos a xustificar pola unidade familiar solicitante deberán se-los correspondentes ó 0,7 do salario mínimo interprofesional do ano de referencia, neste caso, do ano 1997.

Vistos os feitos e razoamentos xurídicos e demais normativa aplicable de xeral aplicación, esta delegación provincial

ACORDA:

Denega-la regularización da situación da ocupante, Mª Manuela Pires Teixeira Días, da vivenda 3º dereita, do bloque III, correspondente ó grupo Primeiro de Maio, de Verín, ó non cumprirse o requisito, esixido no Decreto 123/1998, de te-los ingresos familiares mínimos a que fai referencia o Decreto 98/1992.

O que se lle comunica á interesada, facéndolle constar que, non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da LRXPAC, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe interpor recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, contado a partir do día da notificación desta resolución.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso citado, sen que se fixera uso deste dereito, a presente resolución será firme para tódolos efectos regulamentados».

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, no prazo dun mes contado a partir do día desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

Ourense, 5 de maio de 1999.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense