Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1999 pola que se anuncia a licitación do concurso de execución, polo procedemento aberto e trámite de urxencia da obra: proxecto de adecuación dos colectores da marxe do río Lagares e actuacións localizadas para o control de augas pluviais, Vigo (Pontevedra), de clave OH.336.420.

1. Nome, enderezo, nº de teléfono e telégrafo, télex e telefotocopiadora do poder adxudicador.

Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

Avenida Rodríguez de Viguri, 47, baixo-B.

15703 Santiago de Compostela (España)

Teléfono nº: 981 56 09 10/56 09 11.

Telefax nº: 981 56 07 91.

2. a) Modalidade de adxudicación elexida: concurso de execución polo procedimento aberto e trámite de urxencia.

b) Contido do contrato obxecto da licitación: adecuación dos colectores da marxe do río Lagares e actuacións localizadas para o control de augas pluviais en Vigo (Pontevedra).

De clave: OH.336.420, orzamento de execución por contrata: 1.534.665.550 ptas. (equivalentes a 9.225.525,72 euros).

3. a) Lugar de execución: termo municipal de Vigo (Pontevedra).

b) Natureza e alcance das prestacións e características da obra: as unidades principais da obra son:

1. Sistema de control de augas pluviais constituído por 33 tanques de tormenta distribuídos ó longo de ámbalas marxes do río Lagares cos correspondentes ramais (3.642 metros de colector).

2. Modificacións puntuais no trazado actual dos colectores de marxe do río Lagares.

4. Prazo de execución imposto: seis (6) meses.

5. Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: o indicado no apartado número 1.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 12 de agosto de 1999, ás 12 horas.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: o indicado no punto 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

c) Lingua ou lignuas en que deben redactarse as ofertas: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, acompañado de traducción oficial.

7. a) Se é o caso, persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: 18 de agosto de 1999, ás 10 horas, na sala de xuntas da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

8. Se é o caso, fianza e garantía esixidas: esixirase una fianza provisional do 2% do orzamento de execución por contrata (30.693.311 ptas., equivalentes a 184.470,51 euros) e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de execución por contrata (61.386.622 ptas. equivalente a 368.941,02 euros).

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento, de pagamento e/ou referencias ós textos que a regulan: pagamentos a conta de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo, de conformidade co artigo 145 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de empresarios adxudicatarios do contrato: poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

11.Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: as que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme ó artigo 90 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Información complementaria: clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría f.

17. Data de envío do anuncio: 21 de xuño de 1999.

18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas: 21 de xuño de 1999.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servicios Hidráulicos