Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso de execución con procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras de clave OH.436.419 e outra máis.

A) Obras.

1. Proxecto de adecuación das ribeiras do río Lagares e melloras estructurais. Vigo.

Clave: OH.436.419.

Orzamento: seiscentos oitenta e un millóns setecentas sesenta e oito mil cento cincuenta e nove pesetas (681.768.159 ptas.) catro millóns noventa e sete mil cincocentos nove con dezaseis (4.097.509,16) euros.

Prazo: seis (6) meses.

Clasificación: grupo B, subgrupo 2, categoría f. Grupo E, subgrupo 5, categoría f.

Fianza provisional: trece millóns seiscentas trinta e cinco mil trescentas sesenta e tres pesetas (13.635.363 ptas.) oitenta e un mil novecentos cincuenta con dezaoito (81.950,18) euros.

2. Proxecto de recuperación de leitos naturais e separación de augas pluviais no concello de Vigo.

Clave: OH.436.423.

Orzamento: oitocentos seis millóns corenta e dúas mil oitocentas sete pesetas (806.042.807 ptas.) catro millóns oitocentos corenta e catro mil catrocentos catorce con oitenta e catro (4.844.414,84) euros.

Prazo: seis (6) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría f. Grupo E, subgrupo 5, categoría e.

Fianza provisional: dezaseis millóns cento vinte mil oitocentas cincuenta e seis pesetas (16.120.856 ptas.) noventa e seis mil oitocentos oitenta e oito con trinta (96.888,30) euros.

(Declaradas urxente consonte o establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e os proxectos estarán de manifesto e a dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, sita en Avda. Rodríguez de Viguri nº 47, baixo B, de Santiago de Compostela.

C) Garantías que se esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na letra A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administraciós públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme ó modelo que se adxunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar de presentación das proposicións.

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará as doce horas do décimo terceiro día, que non coincida en sábado, domingo ou festivo seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos ás dez horas do sexto día, que non coincida en sábado, domingo ou festivo contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los concursantes.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares do concurso.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1999.

Agustín Fernández Hernández de Rojas

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servicios Hidráulicos