Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Pedrido ou Tronceda, xunto cos proxectos e estudios de avaliación ambiental do concurso LU/4/1998.

No organismo autónomo Augas de Galicia recibíronse as peticións de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Pedrido

ou Tronceda, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese a relación individualizada por peticionarios dos aproveitamentos solicitados, onde figuran os datos máis relevantes que os definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo o dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n. 15071. Santiago de Compostela- e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponde facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Lugo. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición o público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Mondoñedo (Lugo).

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da cen-

tral, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n. 15071 Santiago de Compostela.

Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Industria e Comercio: Edif. Advos. Ronda da Muralla, 27071 Lugo.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental.

Delegación Provincial de Medio Ambiente de Lugo: Ronda da Muralla, 197, 27002 Lugo.

Concello de Mondoñedo: praza do Concello s/n, 27740 Mondoñedo (Lugo).

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Compañía Gallega de Minicentrales, S.A.

Enderezo: r/ Hórreo, 35, entreplanta, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Representante: Manuel Peiró Herrera.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Tronceda.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 2.300 l/sg.

Corrente de derivación: río Pedrido ou Tronceda (cota do escorredoiro: 440,7).

Corrente de restitución: río Pedrido ou Tronceda (cota de finalización: 355).

Desnivel (salto bruto): 85,7 m.

Altura do azude: 8,7 m (entre a coroación e o punto máis baixo da superficie xeral de alicerces).

Potencia total xeradores: 1.720 kVA.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: Concello de Mondoñedo (Lugo).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude e obra de toma:

O azude proxectado é de gravidade con cota na base de 437,20 m e cota de escorredoiro de 440,7. A lonxitude do escorredoiro é de 16 m. Dotarase dun desaugadoiro de fondo, gobernado por unha comporta manual. Na marxe esquerda situose unha escala de peixes.

Para a toma de augas practícase unha fiestra no azude na súa marxe dereita ata desembocar na tubería de derivación.

Como acceso ó azude aproveitarase un camiño de terra que parte da pista asfaltada que vai á vila de Tronceda.

Conducción de derivación e tubería forzada:

A tubería de derivación, dunha lonxitude de 850 m, cun diámetro de 1.100 mm e de aceiro, remata na tubería forzada.

A tubería forzada remata na central; é de aceiro ó carbono e a súa lonxitude total é de 100 m, cun diámetro de 1.000 mm e espesura de 5-7 mm.

A unión entre ambas tuberías faise directamente, sen cheminea de equilibrio.

Central:

O edificio terá unhas dimensións en planta de 26 m x 20 m e aloxará os equipos electromecánicos. Como acceso empregarase o camiño de acceso ó azude de Begasa, que haberá que ampliar en 200 m.

Equipos electromecánicos:

Instalaranse dúas turbinas Francis, de eixe horizontal. Unha delas para un caudal nominal de 600 l/sg, velocidade nominal de 600 rpm e potencia en eixe de 403 kW. A outra para un caudal nominal de 1.700 l/sg, velocidade nominal de 600 rpm e potencia en eixe de 1.142 kW.

A cada turbina axustaráselle un xerador síncrono-trifásico, de potencias 450 e 1.270 kVA respectivamente e tensión 6.000 V.

O transformador será trifásico, cunha potencia de 2.000 kVA, e unha relación de 15-20 kV ±2.5±5/6.000 V.

Ademais, colocaranse diversos equipos auxiliares.

* Afeccións:

Non se efectuou a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

Peticionario e promotor: Ecoener, S.L.

Enderezo: Cantón Grande, nº 6, 6º A, 15003 A Coruña.

Representante: Luis Castro Valdivia.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Tronceda.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 2.600 l/sg.

Corrente de derivación: río Tronceda ou Pedrido (cota de escorredoiro do azude: 133,5).

Corrente de restitución: río Tronceda ou Pedrido (cota de finalización: 70).

Desnivel (salto bruto): 63,5 m.

Altura do azude: 8,8 m (entre a coroación e o punto máis baixo de superficie xeral de alicerces).

Potencia total xeradores: 1.435 kVA.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: Concello de Mondoñedo (Lugo).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude e obra de toma:

O azude proxectado é de gravidade con cota na base de 130 m e cota de escorredoiro de 133,5. A lonxitude do escorredoiro é de 16 m. Dotarase dun desaugadoiro de fondo, gobernado por unha comporta manual.

Para a toma de augas practícase unha fiestra no azude na súa marxe esquerda ata desembocar na tubería de derivación. Na marxe dereita colocouse unha escala de peixes.

Para o camiño ó azude aproveitarase o camiño que dá acceso á central de Begasa.

Tubería de derivación e tubería forzada:

A tubería de derivación, dunha lonxitude de 825 m, cun diámetro de 1.200 mm e de aceiro, remata na tubería forzada.

A tubería forzada remata na central; é de aceiro ó carbono e a súa lonxitude total é de 110 m, cun diámetro de 1.000 mm e espesura de 5-7 mm.

A unión entre ambas tuberías faise directamente, sen cheminea de equilibrio.

Central:

O edificio terá unhas dimensións en planta de 26 m x 20 m e aloxará os equipos electromecánicos. Como acceso empregarase unha pista asfaltada que parte da vila de Cabana.

Equipos electromecánicos:

Instalaranse dúas turbinas Francis, de eixe horizontal. Unha delas para un caudal nominal de 700 l/sg, velocidade nominal de 600 rpm e potencia en eixe de 374 kW. A outra para un caudal nominal de 1.900 l/sg, velocidade nominal de 600 rpm e potencia en eixe de 942 kW.

A cada turbina axustaráselle un xerador síncrono-trifásico, de potencias 385 e 1.050 kVA respectivamente e tensión 6.000 V.

O transformador será trifásico, cunha potencia de 1.700 kVA, e unha relación de 15-20 kV ±2.5±5/6000 V.

Ademais, colocaranse diversos equipos auxiliares.

* Afeccións:

Non se efectuou a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.