Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica no arroio de Brea, xunto co proxecto e estudio de avaliación ambiental do concurso AC/6/1998.

No organismo autónomo Augas de Galicia recibiuse unha petición de outorgamento de concesión

e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico dun tramo libre do arroio de Brea, presentada co proxecto das obras e instalacións e estudio medioambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, onde figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo o dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para dar cumprimento ó disposto nos artigos 109 do R.D. 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, e 2.4 do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se

refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n. 15071. Santiago de Compostela- e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ou público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello da Capela (A Coruña).

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento.

Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n. 15071-Santiago de Compostela.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

Delegación Provincial de Medio Ambiente da Coruña: praza de Luis Seoane, 197, 15008 A Coruña.

Concello da Capela: As Neves, 46, 15613 A Capela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Exergia, S.L.

Enderezo: r/ Bugallal Marchesi, 9-Elviña, 2 (edificio La Granja). 15008 A Coruña.

Representante: José Ramón Álvarez Arnau.

Denominación do aproveitamento: central hidroeléctrica de Mariaqueira.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal máximo derivado: 1.000 l/sg.

Corrente de derivación: río Brea (cota do vertedoiro: 340).

Corrente de restitución: río Eume (cota de finalización: 27).

Desnivel (salto ocupado): 313 m.

Altura do azude: 7 m (altura sobre fondo de cimentación).

Potencia xerador: 2.410 kVA.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: Concello da Capela (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude e obra de toma:

O azude proxectado é de gravidade con cota na base de 335 e cota de vertedoiro de 340. A lonxitude da coroación é de 30 m. Perfil tipo Creager.

Para a toma de augas farase unha fiestra no azude na súa marxe esquerda ata desembocar na tubería de derivación. Existe previamente unha rexa de grosos, un limparrexas automático e unha válvula de regulación.

Instalarase unha escala de peixes pola que circulará o caudal ecolóxico diferencial.

Tubería de derivación e tubería de carga:

A tubería de derivación é dunha lonxitude de 500 m, cun diámetro de 800 e espesor 5 mm. Remata na cheminea de equilibrio, e de aquí sae a tubería forzada.

A tubería forzada remata na central, sendo de diámetro 700 mm e espesor 6 mm os 600 m iniciais e 8 mm os 400 últimos.

Ambas tuberías serán de aceiro e irán soterradas.

Central:

Ten unhas dimensións en planta de 18 m por 9,7 m. Interiormente a altura libre será de 7 m. A súa estructura é de formigón armado. A cuberta será de fibrocemento e tella e os cerramentos exteriores en bloque de formigón rebocado con morteiro de cemento branco.

Equipos electromecánicos:

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

Turbina Pelton de potencia 2.492 kW, con velocidade de rotación de 600 rpm e caudal modular de 950 l/sg.

Xerador síncrono axustado á turbina, de potencia 2.410 kVA, tensión 6.000 V e velocidade sincrónica 600 rpm.

Transformador trifásico de 2.500 kVA de potencia e relación 20.000±2.5±5/6.000 V.

Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Non se efectuou a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.