Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 24 de xuño de 1999 Páx. 8.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 21 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Lomba do Corgo e Outeiro da Cruz, a favor dos veciños de Xunqueira, Siota e San Martiño, no concello de Xunqueira de Ambía (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou en

sesión celebrada en data vinteún de marzo de mil novecentos noventa e seis, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Lomba do Corgo e Outeiro da Cruz, coas características que de seguido se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Abel Carvajales Santaeufemia e Manuel Bouzas Costa. Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro (DOG nº 186, do 23 de setembro) polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Xunqueira de Ambia.

Monte denominado: Lomba do Corgo e Outeiro da Cruz.

Comunidade propietaria: veciños de Xunqueira, Siota e San Martiño.

Superficie: 28 ha aproximadamente en conxunto.

Estremas:

Norte: predios particulares de: Dolores Conde Barrio, Julio Borrajo Sampedro, Francisco Iglesias González, Ramón Conde Rodríguez.

Sur: predios particulares de: Juan Pérez Meno, e monte pertencente ós veciños de Siota, San Martiño e Xunqueiroá.

Leste: predios particulares de: Isolina Meira Barros, Camilo Conde Pérez, José Espinosa Cid.

Oeste: predios particulares de: Camilo Conde Pérez, Sindo Castro Barrio, Miguel Conde Cid, Joaquín Conde Dapena, e monte Lomba de Corgo e San Martiño.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 21 de maio de 1999.

Miriam López Areal

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense