Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 18 de xuño de 1999 Páx. 7.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 25 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia laboral e de seguridade e hixiene no traballo.

Faise saber que as ditas resolucións poñen fin á vía administrativa e os interesados poden formular

contra ela recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Son advertidos de que terán que aboa-la multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que se xuntaba á resolución de instancia, no número de conta e na entidade bancaria que nel se sinala, dentro do prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da presente resolución, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 1999.

José Mª Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresa

Domicilio

Localidade

Número

expediente

Data resolución

Dirección xeral ou

consellería

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción

imposta

Hosteline, S.L.Vigo

Pontevedra

547/98 (R.O.)

114/98 (CO)

40/98 (AI)

4 de decembro de 1998Artigo 35.2º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadoresArtigo 95.4º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo500.000

Pena Jove C., S.L.Betanzos

A Coruña

591/98 (R.O.)

357/98 (CO)

2089/97 (AI)

15 de xaneiro de 1999Artigo 187 da Ordenanza laboral da construcción (O.M. 28-8-1970)Artigo 47.16º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais250.100

Jesús García Tojo y

Otro, S.C.

A Coruña

A Coruña

635/98 (R.O.)

348/98 (CO)

320/98 (AI)

15 de xaneiro de 1999Artigo 20.3º en relación co artigo 23 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, e co artigo 151 da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo (O.M. 9-3-1971)Artigo 47.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais250.100

Montajes Chapela, S.L.Redondela

Pontevedra

661/98 (R.O.)

216/97 (PO)

127/97 (AI)

29 de xaneiro de 1999Artigo 14, 17 e 19 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais. Artigo 141 da Ordenanza xeral de seguridade hixiene no traballo (O.M. 9-3-1971)Artigo 47.8º e 47.16º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais251.000

Empresa

Domicilio

Localidade

Número

expediente

Data resolución

Dirección xeral ou

consellería

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción

imposta

Ares Carpintería, S.L.Santa Comba

A Coruña

9/99 (R.O.)

408/98 (CO)

803/98 (AI)

5 de marzo de 1999Artigo 14 e 17 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, e artigo 3.1º e 3.4º en relación cos artigos 1 e 2, anexo I, disposicións mínimas xerais, punto 8 do R.D. 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores de equipos de traballo e os artigos 4.2º d) e 19.1º do R.D.L. 1/1994Artigo 47.16º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais250.100

American Mattres, S.L.Poio

Pontevedra

61/99 (R.O.)

235/98 (PO)

575/98 (AI)

12 de marzo de 1999Artigo 89 da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo (O.M. 9-3-1971), hoxe derrogado polo R.D. 1215/1997, do 18 de xullo, de disposicións mínimas de seguridade para a utilización polos traballadores de equipos de traballo, nos nº 2, 3 e 4 do anexo II. Artigo 19 e 24 do R.D. 1495/1986, do 26 de maio, que aproba o Regulamento de seguridade nas máquinas.Artigo 47.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais250.001