Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 18 de xuño de 1999 Páx. 7.801

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-127 e C-128/1998 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador, por infracción a Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Que así mesmo, designo instructor do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mª Teresa Calvo García.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previas no Art. 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndoos de que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no Art. 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993).

Pontevedra, 20 de maio de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 127/1998.

Denunciado: Manuel Cascallar Villadeamigo, enderezo r/ Padre Sarmiento, 10, Vigo.

DNI: 33.151.195.

Feitos denunciados: practica-lo deporte cinexético da caza en terreo sometido a réxime cinexético especial (couto de caza PO-10.162) debidamente sinalizado, carecendo do recibo do couto anual, sen cobrar pezas de caza, ás 11.40 horas do día 12-11-1998, lugar Petan-Couto PO-10.162-Monte Coto Grande, concello da Cañiza.

Data do acordo da incoación: 3-3-1999.

Precepto infrinxido: 58.27º, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 100.001 ptas., retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante 1 ano e 1 día.

Expediente: 128/1998.

Denunciado: Eduardo Cascallar Fernández, enderezo r/ Padre Sarmiento, 10, Vigo.

DNI: 36.110.157.

Feitos denunciados: practica-lo deporte cinexético da caza en terreo sometido a réxime cinexético especial (couto de caza PO-10.162) debidamente sinalizado, carecendo do recibo do couto anual, sen cobrar pezas de caza, ás 11,40 horas do día 12-11-1998, lugar Petan-Couto PO-10.162-Monte Coto Grande, concello da Cañiza.

Data do acordo da incoación: 3-3-1999.

Precepto infrinxido: 58.27º, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 100.001 ptas., retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante 1 ano e 1 día.