1. Orzamento máximo: 205.000.000 de pesetas, IVE incluído.
2. Prazo de execución do contrato: noventa días ou menor prazo ofertado.
3. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación, 4.100.000 pesetas, ou do lote ó que se presenten ofertas: (lote 1: 3.081.000 ptas., lote 2: 1.019.000 ptas.).
4. Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación: 8.200.000 pesetas, ou do lote ó que se presenten ofertas: (lote 1: 6.162.000 ptas., lote 2: 2.038.000 ptas.).
5. Forma de tramitación: ordinaria.
6. Prazo de presentación das proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de Compostela, sita na rúa dos Basquiños nº 2, antes das 14 horas do día 4 de agosto de 1999, data na que se cumprirán 52 días desde que se remitiu para a súa publicación no DOCE este anuncio, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
7. Documentación que deberán presenta-los licitadores:
7.1. No sobre de documentación xeral, a establecida na cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas.
7.2. No sobre de proposición económica a establecida na cláusula 7.2 do referido prego.
7.3. No sobre de referencias técnicas, a establecida na cláusula 7.3 do mencionado prego.
8. Variantes: non se admitirán variantes.
9. Apertura das proposición: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas B da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, ás 12 horas do día 12 de agosto de 1999.
10. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame e recollida, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, rúa dos Basquiños nº 2, Santiago de Compostela.
11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do/s adxudicatario/s do contrato.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1999.
P.D. (Orde 12-1-1998)
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente