Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 18 de xuño de 1999 Páx. 7.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Pulgueira, xunto co proxecto e estudio de avaliación ambiental do concurso AC/66/98.

Neste organismo autónomo recibiuse unha petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Pulgueira, presentada co proxecto das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, do que figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar, e faise consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo o que dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para lle dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985, segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións estimen procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostelae dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario

Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ortigueira (A Coruña).

Este trámite realízase igualmente consonte o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polo peticionario sexan descoñecidos e así dirixir ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.

Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Industria e Comercio: Edif. Advos. Monelos-Praza de Luis Seoane, 1ª planta, 15008 A Coruña.

-Estudio de efectos ambientais.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental.

Delegación provincial de Medio Ambiente da Coruña: Praza de Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña.

Concello de Ortigueira: Praza Isabel II, s/n, 15330 Ortigueira (A Coruña).

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: José Luis Rodríguez Viña.

Enderezo: r/ Arce, 17, entreplanta, 15401 Ferrol (A Coruña).

Representante: José Luis Rodríguez Viña.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Pulgueira.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 1.300 l/sg.

Corrente de derivación: río Pulgueira (cota da toma: 153,52).

Corrente de restitución: río Pulgueira (cota de finalización: 80,10).

Desnivel (salto bruto): 73,42 m.

Altura do azude: 5,5 m (entre a coroación e o punto máis baixo de superficie xeral de alicerces).

Potencia efectiva xerador: 801 kW.

Termo municipal en que radica a toma e demais obras: Concello de Ortigueira (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude e obra de toma:

A presa ten o paramento augas arriba vertical e ó de augas abaixo dénselle perfil Creager. Farase de formigón en masa, cunha lonxitude de 30 m e unha altura máxima de coroación sobre o leito do río de 3 m. Está preto do lugar de Landido, na parroquia das Neves.

A toma de augas será lateral e efectúase a 90º respecto do eixe do leito, perpendicular á presa e pegada ó seu estribo.

Conducción de derivación:

Discorre pola ladeira dereita do río e ten unha lonxitude de 2.100 m. Será de formigón armado cunha sección circular de 1,3 m de diámetro. Irá soterrada todo o traxecto, desde o azude ata a cámara de carga.

Cámara de carga:

Será de formigón armado de 14 m de longo, 7 m de largo e 4 m de profundidade.

Tubo forzado:

O tubo forzado está entre a cámara de carga e a casa de máquinas, irá soterrado e será de aceiro ó carbono. O seu diámetro será de 900 mm cun espesor de 20 mm e unha lonxitude total de 145 m.

Edificio da central:

Edificación en formigón armado, con dimensións en planta de 22,4x11 m e unha altura máxima ás cimbras de 10,70. As paredes serán de bloques de formigón retocado liso e a cuberta de placas de fibrocemento recuberta de tella e a dúas augas. Está preto do lugar de Escalo de Abaixo.

Equipos electromecánicos:

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

Unha turbina Francis de eixe horizontal de potencia 843 kW, con velocidade de rotación de 750 rpm e caudal máximo de 1.300 l/sg, para un salto neto de 71,08 m.

Xerador asíncrono ensamblado á turbina, de potencia efectiva 801 kW, tensión 380 V e velocidade sincrónica 750 rpm.

Transformador de 1.200 kVA de potencia e relación 20.000 ±2.5%/380 V.

Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalación ós fins da necesaria expropiación forzosa, os que a seguir se indican cos seus propietarios.

Concello: Ortigueira (A Coruña).

PrediosPropietarios

LugarNomeEnderezo

390CercadoJosé Teijeiro GómezInsua

389CercadoAlfredo Pérez CastroInsua

391CercadoAquilino Gómez PérezInsua

392CercadoJosé Óscar Soto LoureiroInsua

549FarandinaMª Josefa Vialsuso MartínezInsua

410Fraga da RibaJosé Gómez GómezInsua

409Fraga da RibaAlfredo Pérez CastroInsua

408Fraga da RibaJosé Teijeiro GómezInsua

407Fraga da RibaManuel Penabaz SotoInsua

406Fraga da RibaAlfredo Pérez CastroInsua

405Fraga da RibaMª Delia Soto LópezInsua

308TesourosMª Carmen Cazás PajónInsua

558ArribadaAmadora Rodríguez DoradaInsua

816ArribadaEmilio Lago GaveirasInsua

571ArribadaFaustino Vilasuso PitaInsua

572ArribadaJosé Lago GaveirasInsua

573ArribadaEugenio Ramil RodríguezInsua

574ArribadaJosé Lago GaveirasInsua

562ArribadaMª Manuela A. Landrove GaveirasInsua

561ArribadaMª Elena Pena VilasusoInsua

560ArribadaRodolfo Pena ArmadaInsua

559ArribadaSaturnino Rodríguez GómezInsua

557ArribadaGerardo Martínez CaoInsua

556ArribadaManuel Franco HermidaInsua

555ArribadaTranquilino Landrove GaveirasInsua

554ArribadaAntonio Orlando Pita BarroInsua

553ArribadaGerardo Martínez CaoInsua

552ArribadaTranquilino Landrove GaveirasInsua

551ArribadaGerardo Martínez CaoInsua

550ArribadaAntonio Orlando Pita BarroInsua

549FarandinaGerardo Martínez CaoInsua

548PlantioGerardo Martínez CaoInsua

547FarandinaMª Manuela Landrove GaveirasInsua

483PlantioEugenio Ramil RodríguezInsua

484PlantioJosé Emilio M. Martínez SanjurjoInsua

485PeadoDolores AlonsoInsua

486PeadoManuel Franco HermidaInsua

444PeadoMatilde Lago BarroInsua

443PeadoJaime y Josefa Pita PrietoInsua

442PeadoJaime Pita PrietoInsua

480ArribadaMª Flora Nodar FernándezInsua

481ArribadaManuel Franco HermidaInsua

482ArribadaEugenio Ramil RodríguezInsua

476FarandinaMª Selvitas Nodar FernándezInsua

477FarandinaAntonio Landrove GaveirasInsua

PrediosPropietarios

LugarNomeEnderezo

478FarandinaAntonio Orlando Pita BarroInsua

446FarandinaJosé Emilio M. Martínez SanjurjoInsua

447FarandinaEmilio Lago GaveirasInsua

448FarandinaGuisel Gomar GaveirasInsua

814AbogadosMª Amadora Lago GaveirasInsua

846AbogadosMª Clara Martínez LagoInsua

845AbogadosMª Clara Martínez LagoInsua

441AbogadosManuel Barro PitaInsua

440AbogadosManuel Barro PitaInsua

432AbogadosIsolina Cao LagoInsua

431AbogadosIsolina Cao LagoInsua

430AbogadosMaria Clara Martínez LagoInsua

410Fraga DarribaManuel Landrove GómezInsua

411Fraga DarribaManuel Landrove GomézInsua

409Fraga DarribaAntonio Landrove GómezInsua

141MuíñoAntonio Landrove GómezInsua

408Fraga DarribaAntonio Landrove GómezInsua

352GaleirasAntonio Landrove GómezInsua

351GaleirasLuis Landrove GómezInsua

350GaleirasRaúl Martínez CobeloInsua

834CombaDescoñecidoInsua

307Muíño GrandeMaría Antonia Landrove RamilInsua

309Muíño GrandeDescoñecidoInsua

310Muíño GrandeAntonio Orlando Pita BarroInsua

311Muíño GrandeTranquilino Landrove GaveirasInsua

312Muíño GrandeManuel Franco HermidaInsua

313Muíño GrandeGerardo Martínez CaoInsua

314Muíño GrandeSaturnino Rodríguez GómezInsua

315Muíño GrandeRodolfo Pena ArmadaInsua

316Muíño GrandeMaría Elena Pena VillasusoInsua

317Muíño GrandeMª Manuela A. Landrove GaveirasInsua

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.