Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 18 de xuño de 1999 Páx. 7.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. en Ligonde (concello de Monterroso) e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 19/1999 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia.

c) Trazado, datos básicos e localización:

1. Liña de media tensión aérea Pallotas-Brixeo, de 20 kV, con orixe na L.M.T. Guntín-Palas de Rei e remate no C.T. de Brixeo, con unha lonxitude de 5,043 km, conductor LA-56/54,6 mm, nº apoios/tipo 39/HV-HVH e largo de afección 10 m.

2. Liña de media tensión aérea derivación a C.T. de Ligonde, de 20 kV, con orixe no P13 L.M.T. Pallotas-Brixeo e remate no P2 L.M.T. derivación o C.T. de Ligonde, cunha lonxitude de 0,099 km conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm, nº apoios/tipo 2/HV e largo de afección 10 m.

3. Liña de media tensión aérea derivación o C.T. de Val, de 20 kV, con orixe no P33 L.M.T. Pallotas-Brixeo e remate no C.T. de Val cunha lonxitude de 0,007 km conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e nº de apoios/tipo 1/HVH e largo de afección 10 m.

4. Centro de transformación intemperie de Brixeo, situado en Brixeo, cunha pontencia de 50 kVA e relación transformación 20.000/380/220 V.

5. Centro de transformación intemperie de Val, situado en Val, cunha potencia de 50 kV e relación de transformación 20.000/380-220 V.

6. Liña de baixa tensión aérea Birxeo cunha lonxitude de 0,98 km, nº apoios/tipo 13/HV.

7. Liña de baixa tensión aérea Val con orixe no C.T. de Val, cunha lonxitude de 0,92 kkm e nº apoios/tipo 10/HV.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións que, segundo o sinalado no artigo 54, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os afectados do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente Resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan e ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta Delegación Provincial, edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo, e formula-las reclamacións, por duplicado, que se estimen oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novem-

bro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan

destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 21 de maio de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 19/99. Provincia: Lugo.

L.M.T.-C.T.-R.B.T en Ligonde.Termo municipal: Monterroso.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

79As AreasMonte alto/PJulio Vázquez RodríguezVolta da Varela-Nespereira

27212 Portomarín

371901.040

86Agro do OuteiroLabradíoJulio Vázquez RodríguezVolta da Varela-Nespereira

27212 Portomarín

39660600