Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 18 de xuño de 1999 Páx. 7.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da L.A.T. a 132 kV.

Vistos os escritos e a documentación presentada por Sotavento Galicia, S.A., con domicilio a efectos de notificacións en r/ Hórreo 94, entreplanta, 15702, Santiago de Compostela, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito

Primeiro.-Con data do 14 de outubro de 1998, Sotavento Galicia S.A., solicita autorización admi

nistrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública da liña aérea de transporte de 132kV, desde a subestación do parque eólico denominado Sotavento ata a subestación de Mourela, sendo as características básicas da instalación as seguintes:

-Liña de simple circuíto a 132 kV, sobre apoios metálicos, con conductor L.A.C. de 147,3 mm de sección e conductor de terra e fibra óptica, cunha lonxitude de 8.633 m dos que 3.745 m discorren polo térmo municipal das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) e os restantes polo termo municipal de Xermade (Lugo).

-Orzamento: sesenta e dous millóns cento dezanove mil setecentas trinta e cinco (62.119.735) pesetas.

Segundo.-Con data do 27 de novembro de 1998, a Dirección Xeral de Industria dicta resolución pola que se someten a información pública as citadas instalacións, para os efectos previstos nos artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 10 do Decreto 2619/1966, e artigo 9 do Decreto 2617/1966, ambos do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

A citada resolución foi publicada, con data do 15 de decembro de 1998, no Diario Oficial de Galicia, BOP de Lugo e nos diarios La Voz de Galicia e O Progreso, de Lugo, así coma no BOP da Coruña do 16-12-1998 e foi exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Xermade, Monfero e As Pontes de García Rodríguez. Así mesmo, remitíuselle-la correspondente separata técnica a tódolos organismos afectados.

Terceiro.-Durante o trámite de información pública recibíronse as seguintes alegacións:

-Purificación Bellas López; Alfonso González Rivera e Mª Josefa Silva Fernández alegan erros na relación de bens e dereitos afectados polo trazado da L.A.T. proxectado, referentes a cuestións de propiedade e natureza dos cultivos de predios afectados.

-Jesús Rivera Formoso manifesta que os predios nº 72, 73, 74 e 75 afectados polo trazado da L.A.T., que figuran na relación de propietarios como pertencentes ó concello das Pontes de García Rodríguez, veñen sendo usadas en arrendamento pola familia do alegante, polo que solicita que se lle considere interesado no expediente.

-Jesús Bellas López alega, en sínteses, que o trazado da L.A.T. non é o correcto e que o proxecto presentado non se adecúa á lexislación vixente, e solícita que se deixe libre o predio nº 104, do que é copropietario.

-Carmen Fernández Ferro, Pura Fernández Ferro e Antonio Seijas Sánchez presentan escrito no que propoñen dous trazados alternativos á L.A.T. proxectada, que afectarían en menor medida ós seus predios particulares.

As citadas alegacións foron remitidas á empresa Sotavento Galicia, S.A. e contestadas por ésta dentro do prazo regulamentariamente establecido.

Fundamentos de dereito

Primerio.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de Autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión.

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas e do informe emitido por Sotavento Galicia, S.A, logo das comprobacións oportunas, modificaranse os erros detectados na relación de bens e dereitos referentes á superficie afectada polas instalacións proxectadas, a cuestións de propiedade e natureza do cultivo do predio correspondente; que se ten por interesado no expediente que se tramita a Jesús Rivera Formoso, procedendo desestima-las alegacións referentes ós trazados alternativos propostos por Carmen Fernández Ferro, Pura Fernández Ferro e Antonio Seijas Sánchez, toda vez que se ben son tecnicamente viables, a reducción da afección nos predios dos alegantes se derivaría a novos propietarios que lexitimamente tamén poderían alega-lo mesmo e por último, tamén procede desestima-la alegación formulada por Jesús Bella González, toda vez que no expediente que se tramita se seguíu escrupulosamente a lexislación vixente, e que despois de analiza-las distintas opcións de trazado da L.A.T., o

proxecto presentado se considera o máis favorable de acordo con criterios técnicos e ambientais.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, logo do informe da delegación desta consellería na Coruña e en Lugo, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autoriza-la instalación eléctrica da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV, desde a subestación do parque eólico de Sotavento, ata a subestación de Mourela.

2. Aproba-lo proxecto de execución.

3. Declarar, en concreto, de utilidade pública a instalación eléctrica, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos

afectados así como a urxente ocupación para os efectos previstos no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado desde a súa publicación.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria e Comercio