Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 7 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores OU 100/98P e OU 216/98P (pesca-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notíficaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xullo).

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo dun mes (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da públicación desta notificación para interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia, de non se-lo caso, esta será firme para tódolos efectos.

Ourense, 7 de maio de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 100/98 P.

Denunciado: José Luis Barrio Pérez.

DNI: 10.031.454.

Último enderezo coñecido: r/ Antolín López Peláez, 29-2º I, Ponferrada (León).

Feitos probados: pescar con máis canas das permitidas.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.4º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: 15.000 pesetas.

Expediente: OU 216/98 P.

Denunciado: Roberto Comesaña Fernández.

DNI: 76.905.666.

Último enderezo coñecido: r/ Hermida 54, Pontevedra.

Feitos probados: pescar con dúas canas que distan entre si 40 metros, no río Arnoia, na Arnoia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.3º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: 15.000 pesetas.