Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 7 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador OU 83/98C (caza-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que no anexo se mencionan, que nesta data resolvín publica-la proposta de resolución dos expedientes sancionadores por presuntas infraccións da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xullo), por non ser posible a súa notificación.

O expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º Ourense, e formula-las alegacións e achega-los documentos que considere convenientes na súa defensa.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiranse ó delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto ( BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 7 de maio de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 83/98 C.

Denunciado: Amancio López Fariñas.

DNI: 34.428.023.

Último enderezo coñecido: Couto Piñeiro, 12-2º- Vigo ( Pontevedra).

Feito probado: estar en posesión de munición non permitida (perdigóns) para a modalidade de caza que se estea practicando.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 57.23º da Lei de caza.

Sanción: 15.000 pesetas.