Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Mera, xunto co proxecto e estudio de avaliación medioambiental do concurso AC/62/98.

Neste organismo autónomo recibiuse unha petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Mera, presentada co proxecto das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, do que figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar, facendo consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo o dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito RD. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións estimen procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -edificios administrativos San Caetano, s/n. 15071. Santiago de Compostelae dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios das Casas dos Concellos de Ortigueira e As Somozas (A Coruña).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polo peticionario sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da central subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n. 15071-Santiago de Compostela.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Industria e Comercio: Edif. Advos. Monelos-praza de Luis Seoane, 1ª planta-15008 A Coruña.

-Estudio de efectos ambientais.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental.

Delegación provincial de Medio Ambiente da Coruña: praza de Luis Seoane, s/n. 15008 A Coruña.

Concello de Ortigueira: praza Isabel II, s/n. 15330 Ortigueira (A Coruña)

Concello das Somozas: Igrexa, s/n. 15565 As Somozas (A Coruña).

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Manuel Díaz Vila.

Enderezo: r/ Arce, 17, entreplanta, 15401 Ferrol (A Coruña).

Representante: Manuel Díaz Vila.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Mera.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 3.500 l/sg.

Corrente de derivación: río Mera (cota da toma: 164,43).

Corrente de restitución: río Mera (cota de finalización: 118,12).

Desnivel (salto bruto): 46,31 m.

Altura do azude: 9,84 m (entre a coroación e o punto máis baixo de superficie xeral de alicerces).

Potencia efectiva xerador: 1.344 kW.

Termo municipal en que radica a toma e demais obras: Concello de Ortigueira (A Coruña). O Concello das Somozas (A Coruña) tamén se ve afectado, pois no tramo aproveitado polo azude o río é o límite entre ámbolos concellos.

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude e obra de toma:

A presa ten o paramento augas arriba vertical e ó de augas abaixo déuselle perfil Creager. Farase de formigón en masa, cunha lonxitude de 30 m e unha altura máxima de coroación sobre o leito do

río (cota 158,19) de 6,24 m. Está preto do lugar de Calvo, parroquia de Insua.

A toma de augas será lateral e efectúase a 90º respecto do eixe do leito, perpendicular á presa e pegada ó seu estribo.

Conducción de derivación:

Discorre pola ladeira dereita do río e ten unha lonxitude de 1.950 m. Será de formigón armado cunha sección circular de 1,5 m de diámetro. Irá soterrada todo o traxecto, desde o azude ata a cámara de carga.

Cámara de carga:

Será de formigón armado de 14 m de longo, 7 m de largo e 4 m de profundidade.

Tubo forzado:

O tubo forzado está entre a cámara de carga e a casa de máquinas, irá soterrado e será de aceiro ó carbono. O seu diámetro será de 1.500 mm cun espesor de 20 mm e unha lonxitude total de 50 m.

Edificio da central:

Edificación en formigón armado, con dimensións en planta de 22,4x11 m e unha altura máxima ás cimbras de 10,70. As paredes serán de bloque de formigón rebocado liso e a cuberta de placas de fibrocemento recuberta de tella e a dúas augas. Está preto do lugar de Insua.

Equipos electromecánicos:

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

Unha turbina Francis de eixe horizontal de potencia 1.415 kW, con velocidade de rotación de 750 rpm e caudal máximo de 3.500 l/sg.

Xerador asíncrono ensamblado á turbina, de potencia efectiva 1.344 kW, tensión 380 V e velocidade sincrónica 750 rpm.

Transformador de 2.000 kVA de potencia e relación 20.000±2.5%/380 V.

Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalación co fin da necesaria expropiación forzosa, os que a seguir se indican cos seus propietarios.

Concello: Ortigueira (A Coruña).

PrediosPropietarios

LugarNomeEnderezo

1GaiteiraJosé Alvariño BellasInsua

2GaiteiraManuel Saavedra PardoInsua

3Insua

4GaiteiraJosefa Castro BernardoInsua

5ChaoGerardo Martínez CaoInsua

5/1ChaoGerardo Martínez CaoInsua

PrediosPropietarios

LugarNomeEnderezo

6ChaoEugenio Olmo VideInsua

7Roza VellaVicente Gómez RicoInsua

8Roza VellaEugenio Olmo VideInsua

9Roza VellaVicente Gómez RicoInsua

10SuahortaAmadora Pita RodríguezInsua

11SuahortaEugenio Olmo VideInsua

12SuahortaJosefa Rodríguez LuacesInsua

13CaldasnispasJosefa Mª Landrove BellasInsua

14CaldasnispasFilomena Gaato RodríguezInsua

15CaldasnispasJosefa Rodríguez LuacesInsua

16CaldasnispasJosefa Landrove BellasInsua

17CaldasnispasArmando Rodríguez MartínezInsua

18CaxigalDomingo Lago RodríguezInsua

19CaldasnispasMª Dolores Gómez DuránInsua

20CaxigalMaría Olmo VideInsua

21CaxigalMaría Gómez ParaparInsua

22CaxigalJosefa Lago RodríguezInsua

23CaxigalMaría Olmo VideInsua

24CaldasnispasMª Dolores Gómez DuránInsua

25Muíño BelloJosefa Rodríguez LuacesInsua

26Muíño BelloJosefa Landrove BellasInsua

27Muíño BelloJuan Landrove RamilInsua

28Muíño BelloAntonio Landrove RamilInsua

29Muíño BelloMagina Landrove RamilInsua

30Muíño BelloBautista Bellón DíazInsua

31Muíño BelloJosé Olmo VideInsua

32Muíño BelloAntonio Martínez MartínezInsua

33Insua

34Arriba da PresaArgentino Lago RodríguezInsua

35Salto do GatoAntonio Martínez MartínezInsua

36Insua

37Salto do GatoJosefa Rodríguez LuacesInsua

38Salto do GatoConcepción Ramil LagoInsua

39Salto do GatoInsua

39/1Salto do GatoAntonio Martínez MartínezInsua

40VeguellonBautista Bellón DíazInsua

41VeguellonConcepción Ramil LagoInsua

42VeguellonArgentino Lago RodríguezInsua

43Coto VidalManuel Rodríguez TeijeiroInsua

44Coto VidalAndrés Pita RamilInsua

45Coto VidalManuel Rodríguez TeijeiroInsua

46Coto VidalAvelino Landrove ParaparInsua

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.