Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 7 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores OU 80/98P e tres máis (pesca-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que nesta data resolvín pública-la proposta de resolución dos expedientes sancionadores por presuntas infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG do 5 de agosto), e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación para que poidan examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º Ourense, e formula-las alegacións e achega-los documentos que consideren convenientes na súa defensa.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 7 de maio de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 80/98 P.

Denunciado: José Vázquez Pena.

DNI: 33.808.118.

Último enderezo coñecido: praza Comandante Manso, 18-1º Esq. (Lugo).

Feito probado: pescar con máis canas das permitidas.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.4º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: 15.000 pesetas.

Expediente: OU 202/98 P.

Denunciado: Julio Joaquín Losada Fojo.

DNI: 44.446.156.

Último enderezo coñecido: r/ Alfonxo X, 13-1º D (Ourense).

Feito probado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 pesetas e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

Expediente: OU 205/98 P.

Denunciado: José Andrés Fernández Iglesias.

DNI: 35.986.087.

Último enderezo coñecido: Barbantes Estación. Cenlle (Ourense).

Feito probado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 pesetas e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

Expediente: OU 207/98 P.

Denunciado: Jesús Pueyo Giménez.

DNI: 18.985.333.

Último enderezo coñecido: San Pascual, 4. Castellón de la Plana.

Feito probado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 pesetas e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.