Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 7 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador OU 40/98C (caza-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei de 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que nesta data resolvín publica-la propsota de resolución dos expedientes sancionadores por presuntas infraccións da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xullo), por non ser posible a súa notificación.

O expediente disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación para que poidan examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º Ourense, e formula-las alegacións e achega-los documentos que consideren convenientes na súa defensa.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiranse ó director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento de

procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 7 de maio de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 40/98 C.

Denunciado: Ángel Fernández Mosquera.

DNI: 34.902.330.

Último enderezo coñecido: Outeiro, nº 7, Velle (Ourense).

Feito probado: cazar nun couto sen estar en posesión do permiso regulamentario.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 58.27º da Lei de caza.

Sanción: 100.001 pesetas e inhabilitación durante un ano e un día para obte-la licencia.