Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a publicación do acordo de apertura e prego de cargos formulados no expediente sancionador P-16/1999, incoado ó abeiro da Lei 14/1985.

Nesta delegación provincial séguese expediente sancionador número P-16/1999, contra Jesús Taboada Pereira, titular do establecemento denominado parrillada El Silencio e a empresa operadora Electrónicos Andrade, S.L. por presunta infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, no que se resolveu, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publica-lo acordo de iniciación e mailo prego de cargos, por resultar descoñecido o domicilio de Jesús Taboada Pereira.

Acordo apertura.

O director xeral de Xustiza e Interior, por delegación do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, con data do 5 de abril de 1999, adoptou o seguinte acordo:

1º Incoar expediente sancionador, de acordo co establecido na Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar:

Á empresa operadora Electrónicos Andrade, S.L.

Ó titular ou responsable do establecemento Jesús Taboada Pereira, DNI 76.808.428.

2º Nomear instructora e secretaria do mesmo respectivamente, a:

Juan Girón Astray e

Clara Eugenia García Bermúdez.

Prego de cargos.

1º Te-la empresa operadora Electrónicos Andrade, S.L., o día 9 de setembro de 1998, no establecemento denominado parrillada El Silencio sito

en r/ Corredoira, s/n do concello de Lalín, do que é titular Jesús Taboada Pereira, DNI número 76.808.428, unha máquina recreativa tipo B, modelo 2052, serie 98-172, guía de circulación número 1398040 e autorización de explotación GA-P-6945 carecendo de autorización de explotación e do boletín de instalación.

2º Tales feitos poderían constituír infracción moi grave ou grave tipificada no artigo 28 e seguintes da Lei 14/1985, do 23 de outubro, (reguladora dos xogos e apostas de Galicia), modificada pola Lei 7/1991, do 19 de xuño (de tributación sobre o xogo, disposición adicional terceira).

O que se notifica de acordo co disposto no artigo 7 da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar, dispoñendo o interesado dun prazo de oito días a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida presentar prego de descargos, no que poderá solicita-lo recibimento a proba do expediente na forma previda no punto 2.b) do devandito precepto legal.

Pontevedra, 10 de maio de 1999.

P.A.

Juan Girón Astray

Instructor