Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de propostas de resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos 12 e 77/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as propostas de resolución dictadas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que estime pertinentes ante o instructor do procedemento, de conformidade co establecido no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

A Coruña, 6 de maio de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada Provincial da Coruña

ANEXO

Número expediente: 12/99.

Denunciada: María Belén Tojeiro Pena.

DNI/CIF: 32.649.127.

Enderezo: r/Tejeras, nº 39, B-esquerda, Ferrol.

Establecemento: bar Esquina.

Precepto infrixido: 26 e) LO 1/92.

Precepto sancionador: 28 LO 1/92.

Sanción: 5.000 ptas.

Número expediente: 77/99.

Denunciado: Francisco Carro.

DNI/CIF: 32.786.334.

Enderezo: r/del Sol, nº 189, 1º, Ferrol.

Establecemento: establecemento Recaudillo.

Precepto infrixido: 26 e) LO 1/92.

Precepto sancionador: 28 LO 1/92.

Sanción: 10.000 ptas.