Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 16 de xuño de 1999 Páx. 7.622

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (345/1998).

Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo de separación número 345/1998, co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de separación seguido neste xulgado co número 345/1998, no que actuaron como partes os esposos Enriqueta Casal Rey, representada polo procurador Darío García Brea e asistida pola letrada Ana Varela Centeno, e Jesús Vence Souto, representado polo procurador Avelino Calviño Gómez e asistido polo letrado Evaristo Rodríguez Carracedo, nun principio, pois o demandado dispuxo o cesamento dos ditos profesionais no curso do xuízo e non designou ningún outro, polo que foi declarado en rebeldía procesual.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada polos esposos Enriqueta Casal Rey, representada polo procurador Darío García Brea e asistida pola letrada Ana Varela Centeno e Jesús Vence Souto, e declaro a separación de ámbolos esposos, cos demais efectos legais inherentes ó devandito pronunciamento, e que se deixan expostos nos fundamentos de dereito desta resolución.

Non se fai condena en canto ás custas procesuais.

Unha vez firme a presente resolución anótese no rexistro civil correspondente.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado no prazo de cinco días desde a notificación.

Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

A sentencia preinserida foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e para que lle sirva de notificación en forma á persoa demandada en situación procesual de rebeldía, Jesús Vence Souto, en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o catorce de maio de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado