Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 47/1998).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación así coma aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Galiñe-Iñeira (Ribeira).

Liña eléctrica aérea a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 199 m de lonxitude, con orixe na liña Sirves-Bretal (Expte. 3021) e final no C.T. que se vai instalar en Galiña-Iñeira. Centro de transformación, tipo intemperie, sobre apoio de formigón de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. en seccións de 95 e 54 mm Al e 980 m de lonxitude no termo municipal de Ribeira.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 26-6-98 e no BOP do 14-5-98, no xornal La Voz de Galicia do día 8-5-98 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello

de Ribeira ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Por esta delegación provincial comprobouse que a liña o seu paso polas fincas relacionadas na información pública, non incurre en ningunha das prohibicións contempladas no artigo 57.A da Lei 54/1997, de 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro) e no artigo 25 do Decreto 2619/1966 de 20 de outubro (BOE do 24 de outubro).

Así mesmo, e a vista da documentación obrante no expediente, desprendese que as alegacións efectuadas polos interesados respecto dos predios en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non darse as condicións previstas no artigo 57.B da devandita Lei e no artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro do sector eléctrico, os decretos 2617/1966, e 2619/1966, do 20 de outubro sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aprobar o proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación ós efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 14 de maio de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña