Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/176-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de predio Méndez (modificado).

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV de 470 m de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV con orixe en cela de liña do C.T. soterrado existente de edificio de Únión Fenosa e remate en punto de conexión coa L.M.T. soterrada existente a C.T. cirvunvalación. 2 C.T. non prefabricados proxectados en locais de predio Méndez-1 e predio Méndez-2, ámbolos dous con 630 kVA e R/T 20.000/380-220 V. 2 R.B.T. soterradas con orixe nos anteriores C.T. de 390 e 380 m respectivamente en conductores R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución;

tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Ourense, 13 de maio de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense