Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T., R.B.T. Praducelo-Bustofrío (concello de Samos) e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 24/1999 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa

para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo o plan MEGA.

c) Trazado, datos básicos e localización:

1. Liña de media tensióon aérea ó C.T. de Praducelo, de 20 kV, con orixe no apoio nº 45 da L.M.T. ó C.T. de Louzarela e remate no C.T. de Praducelo, cunha lonxitude de 0,92 km, conductor tipo/sección LA 56/54,6 mm e apoios formigón e metálicos.

2. Liña de media tensión aérea o C.T. de Bustofrío, de 20 kV, con orixe no apoio nº 6 da L.M.T. ó C.T. de Praducelo e remate no C.T. de Bustofrío, cunha lonxitude de 0,819 km, conductor tipo/sección LA 56/54,6 mm e apoios de formigón.

3. Centro de transformación intemperie de Praducelo, situado en Praducelo, cunha potencia de 50 kVA.

4. Centro de transformación intemperie de Bustofrío, situado en Bustofrío, cunha potencia de 50 kVA.

5. Liña de baixa tensión aérea do C.T. de Praducelo, con orixe no C.T. de Praducelo cunha lonxitude de 0,225 km, conductor tipo/sección R.Z.-0,6/1 kV-3x95 Al+54,6 Alm, R.Z.-0,6/1 kV-3x50 Al+54,6 Alm e apoios/tipo H/5.

6. Liña de baixa tensión aérea do C.T. de Bustofrío, con orixe no C.T.A. de Bustofrío, cunha lonxitude de 0,23 km, conductor tipo/sección R.Z.-0,6/1 kV-3x95 Al+54,6 Alm, R.Z.-0,6/1 kV-3x50 Al+54,6 Alm, R.Z.-0,61 kV-3x25 Al+54,6 Alm, R.Z.-0,6/1 kV-2x25 Al e apoios/tipo H/4.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico

solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións que, segundo o sinalado no artigo 54, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os afectados do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente Resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan e ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta Delegación Provincial, edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo, e formula-las reclamacións, por duplicado, que se estimen oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 10 de maio de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 24/99. Provincia: Lugo.

L.M.T.-C.T. Bustofrío.Termo municipal: Samos.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2Tras DafontePradoElvira Celeiro Monteror/ Pelayo, 40

08001 Barcelona

22352

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 24/99. Provincia: Lugo.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. Praducelo.Termo municipal: Samos.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

31MasiñaHortaElvira Celeiro Monteror/ Pelayo, 40

08001 Barcelona

15240