Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/174-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Electrica Los Molinos, S.L.

Enderezo social: Puente, 15, 36820 Ponte-Caldelas.

Denominación: L.M.T. e C.T. Valderrosa-Centro de Ensinanza Secundaria.

Situación: Ponte-Caldelas.

Descricións técnicas: L.M.T., aero-subterránea, a 15/20 kV, de 674 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, e 191 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 3 da L.M.T. Coveliño, rematando no C.T. que se proxecta en Valderrosa, no centro de ensinanza secundaria, concello de Ponte-Caldelas. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15/20 kV-398/230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Pontevedra, 10 de maio de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra