Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial do parque eólico denominado Sil, declarado de incidencia supramunicipal polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de maio de 1999.

O Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa reunión do 7 de maio de 1999 e por proposta da Consellería de Industria e Comercio, declara-lo proxecto de parque eólico denominado Sil promovido por Uipicsa (Unión Iberoamericana de Promociones Industriales y Comerciales, S.A.), como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 25.3º da devandita lei, a teor do cal os planos

ou proxectos que o Consello da Xunta de Galicia declare de incidencia supramunicipal se someterán por un prazo mínimo dun mes ó trámite de información pública mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, e de audiencia ás entidades locais sobre as que incida o plan ou proxecto,

RESOLVO:

Someter a información pública o proxecto sectorial denominado parque eólico Sil.

De acordo co dito artigo 25.3º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, durante o prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán examina-lo dito proxecto sectorial de parque eólico na Dirección Xeral de Industria e presenta-las alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria