Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1999, pola que se corrixen erros materiais producidos nos pregos que rexen a contratación, por concurso público, da consultoría e asistencia consistente na posta a punto e mantemento de rede de avisos fitopatolóxicos, anunciado por Resolución do 21 de abril de 1999, no Diario Oficial de Galicia número 82, do 30 de abril de 1999, e se procede ó aumento do prazo de presentación de ofertas.

Por Resolución do 21 de abril de 1999, anunciouse a licitación, polo sistema de concurso, da consultoría e asistencia consistente na posta a punto e mantemento da rede de avisos fitopatolóxicos.

Advertidos erros materiais nos pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas, cómpre face-las oportunas correcións ó amparo do artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O orzamento de licitación non son 17.000.000 de ptas. para o total da licitación. senón 30.000.000 de ptas., desagregados en 17.000.000 para o ano 1999 e 13.000.000 para o ano 2000.

O prazo de execución é ata o 31 de decembro do ano 2000, prorrogable por 1 ano máis.

A garantía provisional pasa de 340.000 a 600.000 ptas., e garantía definitiva de 680.000 a 1.200.000 ptas.

Ó mesmo tempo, procédese a amplia-lo prazo de presentación das ofertas ata as 14 horas do día 29 de xuño de 1999, co fin de que as empresas poidan levar a cabo unha nova valoración delas.

O acto público de apertura das proposicións levarase a cabo o día 5 de xullo de 1999, ás 13 horas, na sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, A Coruña.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17 de decembro)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria