Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1999 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., sita na rúa Concepción Arenal, 15, da Coruña.

Visto o expediente instruído por instancia de Juan Adrián Bravo, na súa calidade de representante da entidade mercantil Viajes Halcón S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, na rúa Concepción Arenal, 15, da Coruña, da axencia de viaxes Viajes Halcón , S.A., do grupo maiorista-retallista, co código identificativo CICL 37-03, que ten a súa casa central en Salamanca, na rúa Praza dos Irlandeses, 2,

Resultando que, o interesado xunto coa solicitude acompañou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño,

Resultando que, na tramitación do expediente se observáron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente,

Considerando que, na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Visto o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para

autoriza-los novos establecemntos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, esta Dirección Xeral de Turismo,

Resolve: autorizar á axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., sita en Salamanca, na rúa Praza dos Irlandeses, 2, da que é titular a entidade mercantil Viajes Halcón, S.A. a apertura dun novo establecemento na rúa Concepción Arenal, 15, na Coruña, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1999.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo