Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.560

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1999 pola que se fai público o contido do convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas financiado, mediante contratos de arrendamento financeiro, polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades de crédito.

Con esta mesma data, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e 21 entidades de crédito asinaron un convenio co obxecto de establecer unha liña de axudas de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas, ó abeiro do decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, do Decreto 95/1999, do 8 de abril, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, de incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e da orde da Consellería de Economía e Facenda do 21 de abril de 1999 que modifica a Orde do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas.

En virtude do exposto, de conformidade coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 317/1992,

do 12 de novembro, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

En cumprimento do disposto no artigo 78 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e co obxecto de darlle unha adecuada difusión, faise público o texto do convenio coas entidades de crédito que figura como anexo I e a relación de entidades que subscribiron este, que figura como anexo II.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1999.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO I

CONVENIO DE APOIO FINANCEIRO ÓS INVESTIMENTOS DAS

PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS FINANCIADO, MEDIANTE CONTRATOS DE ARRENDAMENTO FINANCEIRO, POLO INSTITUTO GALEGO DE

PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE), E A ENTIDADE DE CRÉDITO...

En Santiago de Compostela o 27 de maio de 1999 establécese este convenio, asinado por unha parte polo presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), José Antonio Orza Fernández, e doutra parte pola entidade de crédito... representada por..., con poder suficiente. Este convenio inscríbese dentro do marco da política de apoio á pequena e mediana empresa emprendida pola Xunta de Galicia ó abeiro do Decreto 309/1995, do 23 de novembro e no Decreto 95/1999, do 8 de abril, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia desenvolvido mediante a orde da Consellería de Economía e Facenda, do 18 de abril de 1996, e orde da Consellería de Economía e Facenda, do 21 de abril de 1999, que modifica a do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas.

Conscientes do importante papel que as Pemes desenvolven na actividade económica, ponse en marcha un programa de financiamento dos investimentos que estas empresas promovan. A axuda consiste na subsidiación ó tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro que se concerten coas entidades de crédito colaboradoras e acollidos a este convenio.

Estes contratos de arrendamento financeiro poderán ser subsidiados polo Igape, con suxeición ás seguintes cláusulas:

Cláusula 1ª.-Obxecto.

Este convenio ten por obxecto defini-los termos de colaboración entre a entidade de crédito... e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) co fin de establece-las liñas de financiamento subsidiadas mediante contratos de arrendamento financeiro para pequenas e medianas empresas, some

téndose as partes, en todo, ó establecido no mencionado decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, e no Decreto 95/1999, do 8 de abril, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, a orde da Consellería de Economía e Facenda, do 18 de abril de 1996, e orde da Consellería de Economía e Facenda, do 21 de abril de 1999, que modifica a do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas, ás normas específicas contidas neste convenio e ás que posteriormente se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

Cláusula 2ª.-Ámbito territorial e prazo de solicitude.

As empresas beneficiarias das axudas obxecto deste convenio deberán ter establecido o centro da súa actividade ou algún centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante o anterior, nos casos de axudas para investimentos que se van realizar no resto de España en actividades de comercialización, distribución, acordos tecnolóxicos e cooperación empresarial, non será necesario que o proxecto incentivado se desenvolva en Galicia sempre que, a xuízo do Igape, teña individual ou sectorialmente un interese estratéxico e exista unha vinculación directa ou complementariedade coa empresa ou centro de traballo establecido na dita Comunidade Autónoma.

O prazo de presentación de solicitudes de subsidiación na entidade de crédito iníciase o día da publicación deste convenio no Diario Oficial de Galicia, data de entrada en vigor deste, e remata o 29 de outubro de 1999.

Cláusula 3ª.-Modalidade, destino e cofinanciamento das axudas.

A axuda consitirá na subsidiación ó tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro concertados en virtude deste convenio e destinados ó financiamento de proxectos de novo investimento, consistentes na instalación, ampliación ou renovación de activos, adquiridos a terceiros, que repercutan directamente na capacidade de producción ou na productividade da empresa.

A axuda financeira concedida ó abeiro deste convenio está cofinanciada con fondos Feder.

Cláusula 4ª.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas neste convenio aquelas empresas que teñan a consideración de pequenas e medianas empresas (Pemes) conforme a definición adoptada pola Comisión da Unión Europea do 3 abril de 1996. Para os ditos efectos, terá a consideración de Peme a unidade

económica con personalidade física ou xurídica que reúna os seguintes requisitos:

a) Que teña menos de 250 traballadores,

b) Que teña un volume de negocios anual non superior a 40 millóns de euros, ou ben un balance xeral anual, activo total, non superior a 27 millóns de euros, e

c) Que cumpra o criterio de independencia tal e como se define a continuación:

Consideraranse empresas independentes as empresas nas que o 25% ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto non pertenza a outra empresa, ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de Peme. Este limiar poderá superarse nos dous casos seguintes:

-Se a empresa pertence a sociedades públicas de participación, sociedades de capital risco ou investidores institucionais, sempre que estes non exerzan, individual ou conxuntamente, ningún control sobre a empresa;

-Se o capital está distribuído de tal forma que non é posible determinar quén o posúe e se a empresa declara que pode presumir que o 25% ou máis do seu capital non pertence a outra empresa ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de Peme.

Para os efectos da aplicación dos límites establecidos neste punto, o valor do euro é de 166,386 ptas.

-Tamén poderán ser beneficiarias das ditas axudas as empresas que, sen te-la condición de Peme, de acordo coa definición anterior, sexan consideradas de especial interese socioeconómico polo Igape ou respecto ás que a comisión delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos declarase a necesidade ou conveniencia de apoio.

2. Aquelas empresas que cumpran os requisitos establecidos no punto 1 desta cláusula e que presenten solicitudes de axuda financeira para proxectos de investimento por importe para subsidiar superior a 86 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros) deberán cumprir, ademais, as condicións establecidas no anexo I deste convenio.

Cláusula 5ª.-Actividades subvencionables.

Considéranse incentivables, de acordo co establecido no artigo 4 do Decreto 309/1995, do 23 de novembro, e no artigo 7 da Orde do 18 de abril de 1996, as actividades económicas relacionadas no anexo II de actividades subvencionables e preferentes.

Cláusula 6ª.-Conceptos de investimento subvencionable e materialización dos investimentos.

6.1. Os conceptos de investimento subvencionable deberán realizarse en inmobilizado material novo adquirido a terceiros que repercutan directamente na capacidade de producción ou na productividade

da empresa e serán, segundo as distintas modalidades de leasing, os seguintes:

a) Leasing inmobiliario: inmobles.

b) Leasing mobiliario: maquinaria e as súas instalacións técnicas; ferramenta; mobiliario e equipo de oficina e de proceso de información e elementos de transporte interno e, no caso de empresas de transporte, tamén elementos de transporte externo. Nos investimentos en equipos de proceso de información poderanse incluír, sempre que non superen o 25% do investimento total subvencionable, as aplicacións informáticas.

c) Tamén terán a consideración de subvencionables os proxectos de investimento que en parte recaian sobre inmobles usados, sempre e cando non superen o 50% do proxecto total subvencionable. O financiamento poderá instrumentarse a través de contratos de leasing inmobiliario ou mobiliario, segundo o seu obxecto. Nestes casos, non serán de aplicación para cada contrato individualmente, aínda que si no seu conxunto, os límites mínimos establecidos no primeiro parágrafo da cláusula 7.1 deste convenio.

O total do investimento subvencionable determinarase excluíndo o IVE e outros tributos do custo de adquisición.

6.2. Materialización dos investimentos. Os bens obxecto do contrato deberán manterse durante a vixencia deste e a empresa beneficiaria comprometerase a exerce-la opción de compra, debendo ser realizada no momento convido; noutro caso será causa de perda da subvención.

Cláusula 7º.-Características das operacións de leasing.

7.1. Importe dos contratos e porcentaxe de financiamento.

O importe mínimo do investimento subvencionable e do contrato de arrendamento financeiro será de 10 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros).

O importe máximo do contrato ou contratos de arrendamento financeiro subscritos ó abeiro deste convenio para cada beneficiario será de 500 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros). Excepcionalmente, naqueles casos en que o Igape o xulgue de especial interese socioeconómico, poderanse considerar importes superiores.

O importe con dereito a subsidiación dos contratos de arrendamento non poderá supera-lo 95% do investimento considerado subvencionable.

7.2. Duración dos contratos.

A duración dos contratos de arrendamento financeiro, segundo as distintas modalidades de leasing, será a seguinte:

a) Leasing inmobiliario: a duración mínima será de 10 anos.

b) Leasing mobiliario: a duración mínima será de 2 anos e a máxima de 5 anos.

7.3. Orixe dos fondos.

Os fondos para a formalización dos contratos serán facilitados polas entidades de crédito, ata un importe máximo do 95% do investimento subvencionable, debendo, polo tanto, facerse unha entrega na conta por parte do arrendatario mínima do 5%.

7.4. Tipo de xuro, comisións e axuda financeira.

7.4.1. O tipo de xuro que determinará a carga financeira dos contratos de arrendamento financeiro, concertados a través deste convenio, será o seguinte:

1. Para leasing mobiliario:

-Operacións con prazo entre 24 e 36 meses: tipo de xuro nominal fixo do 4,15% durante toda a vida do contrato.

-Operacións con prazo entre 37 e 60 meses: o empresario pode optar entre:

-Tipo de xuro nominal fixo do 4,15% durante toda a vida do contrato.

-Tipo de xuro variable.

2. Para leasing inmobiliario: tipo de xuro variable.

No caso de operacións de leasing a tipo de xuro variable, este determinarase de acordo co establecido a continuación:

Primeiro.-O tipo de xuro nominal das operacións concertadas a través deste convenio fixarase para 1999 no 3,80%.

Segundo.-Para próximos exercicios, o citado tipo de xuro variará por anos naturais de acordo coa seguinte norma:

a) Tipo de referencia: para cada ano será a media aritmética simple dos tipos diarios do Euribor a prazo de 6 meses, correspondente ó mes de outubro do ano anterior.

b) Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes, sen que en ningún caso poida exceder de 1,15 puntos.

c) O tipo de xuro nominal anual dos contratos será, para cada ano natural, o resultante de engadir ó tipo de referencia, o tipo adicional que pactaran as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Para os efectos deste convenio, enténdese por Euribor (Euro Interbank Offered Rate=tipo interbancario ofrecido en euros) a prazo de 6 meses, como o tipo de xuro de oferta, para depósitos interbancarios en euros a prazo de 6 meses, publicado polo Banco de España, polo Ministerio de Economía e Facenda ou pola entidade pública ou privada, española ou da Unión Europea, designada para iso.

No caso de que desaparecera o Euribor, o tipo de xuro variará por anos naturais, de acordo coa seguinte norma:

a) Tipo de referencia: o tipo de rendemento interno no mercado secundario da débeda pública de prazo entre dous e seis anos, publicado polo Banco de España, correspondente ó mes de outubro do ano anterior.

b) Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes sen que en ningún caso poida exceder de 0,65 puntos.

c) O tipo de xuro nominal anual dos contratos será, para cada ano natural, o resultante de engadirlle ó tipo de referencia o tipo adicional que pactaran as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

O tipo de xuro de referencia para cada ano seralles comunicado polo Igape ás entidades de crédito e publicado no Diario Oficial de Galicia.

7.4.2. Comisións.

As entidades de crédito que formalicen operacións ó abeiro deste convenio poderán percibir por tódolos conceptos e dunha soa vez, unha comisión máxima do 1%. Esta comisión non será subvencionable.

7.4.3. Axuda financeira e prazo de subsidiación.

a) A subsidiación ó tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro será a seguinte:

1) Actividades subvencionables: 2 puntos.

2) Actividades preferentes: 3 puntos.

3) Por localización preferente do proxecto investidor, de acordo co artigo 8 da Orde do 18 de abril de 1996: 1 punto.

Para os efectos deste convenio, considéranse zonas especialmente desfavorecidas, de acordo co artigo 8.b) da Orde do 18 de abril de 1996, aqueles concellos nos que existe un abandono de poboación superior ó 15%, e que se incorporan a este convenio como anexo III.

4) Aqueles proxectos investidores que leven a creación de emprego por conta allea: 0,50 puntos.

b) O prazo de subsidiación, con independencia do prazo do contrato de leasing, non excederá dos 7 primeiros anos.

7.4.4. Para os efectos de aplicación da subsidiación, o tipo de xuro resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ó 2%, agás aqueles proxectos de investimento que sexan preferentes por localización ou actividade e que creen emprego neto por conta allea na Comunidade Autónoma de Galicia, nos que o citado tipo non poderá ser inferior ó 1%. No caso de que o tipo resultante sexa inferior ós

ditos límites, reducirase ou suspenderase a subsidiación durante o período correspondente.

As variacións á alza do tipo de xuro para o caso de que o tipo resultante sexa superior ós ditos límites, serán por conta exclusivamente dos beneficiarios e non provocarán ningunha variación nos puntos de subsidiación.

7.4.5. Condicións das cotas de arrendamento financeiro.

As cotas de arrendamento serán de igual importe, terán vencemento mensual e deberán cumpri-los requisitos establecidos na disposición adicional 7ª da Lei 26/1988. Non obstante, poderá establecerse unha primeira cota de maior importe cás seguintes.

Cláusula 8ª.-Tramitación.

8.1. Modelo de solicitude e documentación.

A solicitude para presentar deberase corresponder co modelo normalizado que para o efecto se distribuirá e dará publicidade a través das entidades de crédito e do Diario Oficial de Galicia.

Ademais do impreso de solicitude, presentarase a seguinte documentación, por duplicado:

1. Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante:

Persoas físicas:

-Fotocopia do DNI.

Persoas xurídicas:

-Fotocopia do CIF.

-Certificación dos administradores ou do secretario do Consello de Administración, co visto e prace do presidente, na que figuren: a data de constitución da sociedade e os datos de inscrición no Rexistro Mercantil (folla, folio, sección, libro, rexistro), a composición actual do Consello, o detalle de accionistas con participación superior ó 10%, con indicación do nome ou razón social e da porcentaxe de participación; o número de traballadores, o volume de negocios anual e o importe do balance xeral anual, activo total, correspondentes á data de peche do último exercicio pechado.

-No caso de solicitudes que sexan de empresas participadas directa ou indirectamente por sociedades en porcentaxe igual ou superior ó 25%, deberán presentar certificación das sociedades accionistas, emitida por representante con poder bastante, na que figure o seu número de traballadores, o volume de negocios anual e o importe do balance xeral anual, activo total, correspondente á data do último exercicio pechado.

A documentación relativa á copia da escritura de constitución e dos estatutos, debidamente inscritos no Rexistro Mercantil, e a acreditación do poder de representación do asinante da solicitude estará ó dispor do Igape na entidade de crédito durante

o prazo legalmente establecido, non sendo polo tanto necesario xuntala ó expediente de solicitude.

2. Fotocopia do último recibo pagado polo imposto de actividades económicas. No caso de empresas de nova constitución ou de empresas en funcionamento que vaian iniciar unha actividade distinta da que veñen desenvolvendo, deberán achegar fotocopia da alta no IAE ou compromiso firme de remitir a este instituto fotocopia da alta no imposto, indicando o epígrafe deste.

3. Descrición e relación valorada do investimento proxectado, xuntando documentación acreditativa dela (facturas pro forma, orzamentos, contratos, etc.).

4. Nas solicitudes de axuda para un proxecto que implique a creación de emprego por conta allea: declaración xurada do número de postos de traballo que se van crear e fotocopia do último TC1 e TC2; e no caso de que o número de traballadores que figuran neles non coincida co número actual de traballadores no momento da solicitude e que figuran nesta, certificación emitida polo solicitante do número de traballadores dados de baixa/alta e aclaración á diferencia sinalada. Para aquelas solicitudes de axuda financeira por un importe para financiar superior a 86 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros), deberán achegar, ademais, compromiso de acada-los niveis de estabilidade laboral requiridos no punto 2 da cláusula 4ª.

Nas solicitudes de axuda financeira por un importe para financiar superior a 86 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros) nas que o proxecto non implique a creación de emprego neto por conta allea, declaración xurada do número de traballadores no momento da solicitude, diferenciando entre fixos e temporais.

5. Declaración xurada doutras axudas solicitadas para o mesmo proxecto especificando o organismo ó que a solicitou, normativa legal que a ampara, data de presentación, contía solicitada, situación administrativa e, se é o caso, importe concedido. Esta mesma declaración, actualizada, remitirase ó Igape xunto coa documentación estipulada no último parágrafo da cláusula 8.4.

6. Certificados que acrediten estar ó día nas obrigas fiscais e da Seguridade Social, emitidos polos organismos competentes.

7. Certificación acreditativa de que o beneficiario non ten contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia.

8. Para aqueles contratos por importe superior a 500 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros), deberán xuntar á anterior documentación unha memoria que conteña os antecentes da empresa ou dos seus promotores, as razóns que aconsellan a realización do proxecto e o estudio de viabilidade asinado polo solicitante.

En calquera caso, cantos outros documentos e información adicional se considere oportunos, a xuí

zo do Igape, para os efectos dunha correcta análise da solicitude.

8.2. Presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse nas entidades de crédito segundo o modelo normalizado xa citado, xunto coa documentación, por duplicado, que se sinala no epígrafe anterior.

Coa presentación da instancia de solicitude, as empresas que se acollan ás axudas recollidas neste convenio apoderan a entidade de crédito para a realización ante o Igape de todos aqueles trámites en que así se prevexa. A este respecto, o Igape considerará a actuación da entidade de crédito como se fose propia da empresa solicitante.

O impreso de solicitude constará de cinco exemplares:

-Orixinal e primeira copia para o Igape.

-Segunda copia para a Consellería Sectorial.

-Terceira copia para a entidade de crédito.

-Cuarta copia para o solicitante.

A entidade de crédito datará e selará os cinco exemplares do impreso de solicitude e entregaralle ó solicitante a cuarta copia, quedando coa terceira e remitíndolle ó Igape o orixinal e a primeira copia, e á Consellería Sectorial por razón da actividade, segundo o establecido no anexo II de actividades subvencionables e preferentes, a segunda copia. Así mesmo, deberá centraliza-la recepción das solicitudes, unha vez selada polas distintas sucursais, tendo un prazo de 15 días para resolve-la petición e sendo o prazo límite para a aceptación de solicitudes nas ditas entidades o 29 de outubro de 1999.

As entidades de crédito deberán presentar no Rexistro do Igape os expedientes coa documentación completa, coa excepción sinalada no último parágrafo do punto 1) da cláusula 8.1., xunto coa comunicación de concesión do leasing segundo o modelo que se achega (anexo IV) e das correspondentes táboas de amortización. O último día hábil para a súa presentación será o 15 de novembro de 1999, debendo presentar, ademais, un exemplar completo dos expedientes na consellería sectorial por razón da actividade, segundo o establecido no anexo II de actividades subvencionables e preferentes. Aquelas solicitudes presentadas fóra deste prazo serán obxecto de resolución de arquivo, asumindo a entidade de crédito toda a responsabilidade polos prexuízos que isto lle puidese supoñer ó solicitante.

A presentación no Igape realizarase mediante escrito no que se relacionen os expedientes que se xuntan (número, nome e importe), indicando a qué consellería sectorial remitiron a segunda copia.

As solicitudes presentadas por sociedades civís ou comunidades de bens deberanse tramitar a nome dos titulares que formalizarán o contrato, seguido da denominación das sociedade civil ou comunidade de bens.

Dentro dos dez días seguintes ó da recepción das solicitudes, o Igape comunicaralles ós solicitantes a data na que as solicitudes foron recibidas polo Igape, o prazo máximo establecido para a resolución e notificación do procedemento e os efectos do silencio administrativo.

No caso de non se ter presentado coa solicitude, o Igape reclamaralles por fax á entidade de crédito e ó interesado por correo certificado con xustificante de recepción, aqueles documentos que foran preceptivos, debendo presentarse estes no prazo de quince días hábiles a partir do día seguinte ó da recepción da notificación. Finalizado o prazo de emenda sen se ter achegado a documentación preceptiva, dictarase resolución tendo ó solicitante por renunciado ós seus dereitos e ordenando o arquivo do expediente.

8.3. Concesión.

Segundo o artigo 14 da Orde do 18 de abril de 1996, o Igape resolverá sobre a concesión ou denegación das axudas no prazo máximo de 4 meses desde a recepción da solicitude. As solicitudes de axuda que non fosen resoltas no dito prazo poderanse considerar desestimadas.

O Igape notificaralle ó solicitante e comunicaralle á entidade de crédito a concesión ou denegación da subsidiación. O beneficiario deberá aceptar expresamente a resolución de concesión. A aceptación formalizarase na copia da resolución que para tal efecto se remitirá xunto coa resolución de concesión e que deberá ser devolta ó Igape debidamente cuberta.

Contra a resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, perante o conselleiro de Economía e Facenda no prazo dun mes desde o día seguinte ó da notificación.

Os beneficiarios das axudas concedidas ó abeiro deste convenio con proxectos que superen os 50 millóns de pesetas de investimento subvencionable (ou o seu contravalor en euros), serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

8.4. Formalización.

A entidade de crédito e o solicitante deberán formaliza-lo contrato de arrendamento financeiro mendiante escritura pública ou póliza intervida por corredor de comercio colexiado, de acordo coas seguintes condicións:

A partir da entrada en vigor deste convenio e respectando as condicións e os requisitos establecidos nel, a entidade de crédito, unha vez presentado o expediente de solicitude no Igape, poderá formaliza-los contratos cos seus clientes. Para iso deberá remitir escrito, segundo o modelo que se xunta (anexo V), manifestando a intención de acollerse a esta opción co obxecto de que, con anterioridade á data de formalización prevista, este instituto ana

lice e cuantifique o investimento subvencionable e o importe do contrato que se vai subsidiar. O Igape comunicaralle mediante fax á entidade de crédito a autorización, se é o caso, á dita formalización. A empresa solicitante requirirá da entidade de crédito copia da autorización do Igape antes de proceder á formalización do contrato.

A autorización á formalización do contrato antes da resolución de concesión non implica o recoñecemento de ningún dereito ou cualificación do expediente respecto á concesión da subsidiación solicitada.

No contrato de leasing así formalizado deberase facer mención, alomenos, ós seguintes extremos: que se ten presentado solicitude de axuda financeira no Igape, con indicación da data de rexistro de entrada neste instituto; que o Igape ten autorizada a formalización do contrato, indicando a data e as condicións establecidas nela; e que unha vez dictada a resolución de concesión do Igape o contrato de leasing quedará acollido ás axudas establecidas neste convenio nos termos e condicións sinalados na resolución de concesión.

No caso de que a resolución de concesión estableza condicións diferentes ás que se indicaban na autorización de formalización, deberán incluír un anexo ó contrato, intervido por fedatario público, no que se fagan consta-las características establecidas na dita resolución.

As cotas anteriores á data de resolución non terán subsidiación do Igape.

Se o contrato se formaliza con posterioridade á data de notificación da resolución de concesión, deberá recolle-la característica de estar recollido a este convenio, e nel estableceranse claramente o tipo de xuro da operación e, se é o caso, o sistema de variación para os próximos exercicios, así como os puntos de subsidiación concedidos e o límite que corresponda para os efectos de aplicación da subsidiación establecido na cláusula 7.4.4.

O prazo máximo para a formalización de leasing mobiliario ou, se é o caso, a adaptación da póliza ás condicións deste convenio, será de 3 meses contados desde o día seguinte ó da data de notificacion da concesión ó beneficiario. Para leasing inmobiliario o prazo será de 5 meses. Transcorrido o dito prazo dictarase resolución tendo ó solicitante por renunciado e ordenando o arquivo do expediente, agás que, logo de solicitude razoada de prórroga deste, presentada no Igape dentro do prazo, e acreditando a conformidade da entidade de crédito, o Igape teña autorizado a dita prórroga.

A entidade de crédito deberá remitirlle ó Igape, coa maior brevidade, unha fotocopia do contrato unha vez formalizado e, se é o caso, o correspondente anexo, así como o certificado de conformidade sobre a entrega dos bens arrendados, debidamente subs

crito polo arrendatario; certificación da carga financeira ós puntos subsidiados xunto coas correspondentes táboas de amortización; compromiso do arrendatario de exerce-la opción de compra e copia dos documentos que xustifiquen o investimento, así como unha declaración de axudas actualizada, para o mesmo proxecto, nos termos establecidos na cláusula 8.1.5).

Para aqueles proxectos que comporten a creación de emprego neto por conta allea, e unha vez xustificada a realización do investimento, o Igape reclamaralle ó beneficiario a documentación acreditativa do cumprimento da condición de creación de emprego. Naqueles expedientes suxeitos ó cumprimento da condición a que se refire o punto 2 da cláusula 4ª, o Igape igualmente reclamará a documentación acreditativa de que se teñen acadado os niveis de estabilidade laboral esixidos.

8.5. Incidencias.

a) Cambio de titularidade da axuda financeira: poderase solicitar cambio de titularidade da axuda financeira naquelas operacións xa formalizadas nos casos de transformación de empresas individuais en sociedades e nos de modificación da forma societaria, sempre que se recolla documentalmente o traspaso ou a achega dos dereitos de arrendamento dos bens financiados e a subrogación nas obrigas financeiras do contrato. Nos casos de fusión ou absorción de sociedades procederase de xeito análogo. A citada documentación deberá ser remitida a través da entidade de crédito ó Igape, para que se proceda, se é o caso, á autorización do cambio de titularidade da axuda.

No caso de que o arrendatario decidise, antes do prazo de vencemento do contrato de leasing, traspasar, vender ou aluga-lo seu negocio, as cotas seguintes perderán automaticamente a subsidiación, agás cando haxa subrogación no contrato leasing polo novo titular do negocio e este continuase coa mesma actividade ou outra que sexa subvencionable segundo se establece na cláusula 5ª deste convenio, logo de autorización polo Igape e coa conformidade da entidade de crédito.

b) Cambio de entidade de crédito: naquelas axudas concedidas nas que o titular solicite a formalización do contrato noutra entidade de crédito colaboradora distinta da que tramitase a solicitude, deberá solicita-lo cambio a través da nova entidade crediticia, xuntando nova comunicación de concesión do contrato e declaración xurada de que non existe variación na documentación do expediente, enviando toda esa documentación ó Igape, para que se proceda, se é o caso, á autorización do cambio solicitado.

c) Modificación dos plans de investimento: se o cambio supón variacións totais na contía do investimento subvencionable, deberá solicitarse a dita modificación, a través da entidade de crédito, previamente á formalización do contrato, ante o Igape,

xuntando unha memoria explicativa do cambio e novas facturas pro forma xustificativas deste. No caso de que as modificacións impliquen unha reducción da contía do investimento, o Igape poderá, no caso de autoriza-la modificación solicitada, acomoda-la contía do contrato subvencionable á porcentaxe máxima de financiamento sinalada na cláusula 7ª. Se a modificación supón un incremento do investimento subvencionable, procederase de xeito análogo, co obxecto de adaptar, se é o caso, a resolución de concesión ás novas condicións, sen que isto supoña modificación na contía do importe subsidiado.

d) Cancelación anticipada: poderá admitirse sempre e cando o contrato cumpra o prazo mínimo establecido na disposición adicional sétima da Lei 26/1988, do 29 de xullo, e se exerza a opción de compra. A entidade de crédito deberá comunicarlle ó Igape a data de cancelación, xuntando os documentos xustificativos da operación. Perderase o dereito á subsidiación desde a data de cancelación.

e) Prórrogas para a ampliación dos prazos establecidos no convenio: a Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 12, do 14 de xaneiro de 1999), no seu artigo 1, punto 14, modifica a redacción do artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, establecendo no seu punto 3. que «tanto a petición dos interesados como a decisión sobre a ampliación deberá producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de que se trate. En ningún caso poderá ser obxecto de ampliación un prazo xa vencido. Os acordos sobre a ampliación de prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recursos».

Con base no anterior, a solicitude de prórroga de ampliación dos prazos establecidos neste convenio presentarase no rexistro xeral do Igape cunha antelación mínima de 10 días hábiles antes do vencemento do prazo que se vai ampliar, co obxecto de que o Igape poida acorda-la súa aprobación ou denegación antes do vencemento do prazo de que se trate.

O resto das incidencias que se producisen poderase admitir despois da solicitude do interesado, coa conformidade da entidade de crédito, sempre que estean xustificadas e non desvirtúen a finalidade da subsidiación.

Cláusula 9ª.-Liquidación e pagamento da subvención.

O importe da subvención calcularase aplicando ós puntos de subsidiación a carga financeira pola totalidade do prazo de duración do contrato. O dito cálculo efectuarase mediante a elaboración de táboas ou cadros de amortización, tomándose como tipo de xuro os puntos de subsidiación. O total da columna «carga financeira» así calculado será o montante da subsidiación para todo o período.

Para os contratos formalizados a tipo fixo, a liquidación da subsidiación efectuarase anualmente e polo importe correspondente ó número de meses de vixencia do contrato durante o ano que se vai liquidar. O importe mensual da subvención será constante.

Para operacións formalizadas a tipo variable, a liquidación da subsidiación será anual e polo importe correspondente ó ano que se vai liquidar. Se lle é de aplicación a limitación ós puntos de subsidiación establecida na cláusula 7.4.4 deste convenio, efectuarase un novo cadro de amortización ó tipo de subsidiación resultante pola totalidade da duración do contrato, correspondéndolle á liquidación de que se trate a parte proporcional ó ano que se liquida. O importe mensual da subsidiación será constante.

O pagamento da subvención ó beneficiario realizarase a través da entidade de crédito, que presentará, por duplicado ante o Igape, xunto coa certificación de solicitude de cobramento da subvención, unha relación individualizada das súas operacións, especificando o número de expediente, titular, importe do contrato, data de formalización, data de vencemento, prazo en meses, importe da subvención total, número de meses de vixencia do período que se vai liquidar e importe da subvención solicitada.

Para operacións acollidas a este convenio e formalizadas durante o exercicio 99, as entidades de crédito poderán presenta-la solicitude de cobramento da subvención dentro dos 15 primeiros días do mes de xaneiro do ano 2000. Para exercicios posteriores, a dita solicitude presentarase na primeira quincena do mes de xullo de cada ano.

Cláusula 10ª.-Compromiso das entidades de crédito.

1. A entidade de crédito que subscribe este convenio comprométese a aprobar contratos de arrendamento financeiro nos termos e nas condicións establecidos neste convenio, no Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, no Decreto 95/1999, do 8 de abril, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, na orde da Consellería de Economía e Facenda, do 18 de abril de 1996, e na orde da Consellería de Economía e Facenda, do 21 de abril de 1999, que modifica a do 18 de abril de 1996.

A entidade de crédito, antes do 15 de setembro de 1999, enviará por escrito ó Igape, referido á data do derradeiro día hábil do mes de agosto, a relación de peticionarios ós que lles foron concedidos contratos de arrendamento financeiro, engadindo, se é o caso, unha relación das solicitudes que estean en trámite. Na comunicación, para o caso das solicitudes aprobadas, deberá facerse consta-lo número de expediente e o importe que se vai financiar. Unha relación similar deberá enviarse ó Igape antes do 5 de novembro de 1999 referida ó 29 de outubro.

2. A entidade asinante comprométese a non conceder sen a autorización do Igape contratos de arrendamento acollidos a este convenio por un importe superior a ... millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros). Así mesmo, a entidade de crédito asinante comprométese a respectar, segundo o establecido no artigo 11 da Orde do 18 de abril de 1996 as proporcións fixadas no citado artigo do 40% (... millóns de pesetas, ou o seu contravalor en euros) para actividades subvencionables e do 60% (... millóns de pesetas, ou o seu contravalor en euros) para actividades preferentes sobre a cota asignada de ... millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros).

3. Por outra parte, a entidade asinante comprométese a cumpri-los prazos e as formalidades establecidas neste convenio respecto á tramitación dos expedientes de subsidiación e a manter ó dispor do Igape, durante o prazo legalmente establecido, a documentación sinalada no último parágrafo do punto 1) da cláusula 8.1.

Cláusula 11ª.-Compatibilidade.

Os bens obxecto do contrato de arrendamento financeiro non poderán ser incluídos noutros proxectos investidores financiados en todo ou en parte mediante créditos ou préstamos con subvención ó tipo de xuro.

A concesión das axudas deste convenio queda supeditada ó cumprimento da normativa vixente e, en especial, á da Unión Europea. Nos ditos termos serán compatibles con calquera outra axuda pública, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán supera-los límites establecidos pola Unión Europea.

En todo caso, serán de aplicación os límites de axudas previstos no artigo 7.2º a) do Decreto 309/1995, do 23 de novembro.

Para o cálculo da axuda da subvención do tipo de xuro, procederase do seguinte xeito:

a) Calcularanse en pesetas correntes (ou o seu contravalor en euros) os valores absolutos das subvencións que se van percibir.

b) Actualizaranse ó ano da concesión das axudas os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro.

Cláusula 12ª.-Perda da subvención.

1. No caso de reclamación xudicial por instancia da entidade de crédito, por incumprimento do contrato de arrendamento financeiro, e nos casos de suspensión de pagamentos ou quebra do arrendatario, perderase o dereito á subsidiación ó tipo de xuro a partir da data de presentación da reclamación ou da aceptación das anteriores declaracións no xulgado. Igualmente, perderase o dereito á subsidiación no caso de cesamento da actividade subvencionable desde a data de baixa.

A entidade de crédito queda obrigada a comunicarlle ó Igape a relación detallada das operacións obxecto de reclamación xudicial e as que incorran en quebra ou suspensión de pagamentos con indicación da data de presentación ou aceptación no xulgado.

2. Procederase ó reintegro das cantidades percibidas e á esixencia do xuro de demora desde o momento de calquera pagamento con cargo á subvención concedida nos seguintes casos:

a) Incumprimento da condición de xustificación.

b) Obte-la subvención sen reuni-las condicións requiridas para iso.

c) Incumprimento da finalidade para a que a subvención foi concedida.

d) Incumprimento das condicións impostas ó beneficiario con motivo da concesión da subvención.

e) Non exerce-la opción de compra.

f) No caso de mora ou non pagamento das cotas polo arrendatario, a entidade de crédito queda obrigada a comunicarlle ó Igape tal circunstancia, retendo a subsidiación correspondente mentres o beneficiario non regularice a súa situación. De non facelo, o arrendatario procederá á devolución ó Igape das cantidades indebidamente percibidas.

As cantidades para rientegrar terán a consideración de ingresos de dereito público, sendo, se é o caso, de aplicación para o seu recobro a vía de constrinximento.

3. Así mesmo, o Igape poderá esixírlle-las correspondentes responsabilidades ás partes implicadas nos convenios de colaboración en caso de culpa, neglixencia grave ou dolo, en detrimento do cumprimento das finalidades destas subvencións.

Cláusula 13ª.-Normas operativas.

As entidades asinantes comprométense a acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo sexan dictadas polo Igape, para a mellor administración e control das operacións incluídas no convenio.

Cláusula 14ª.-Información e inspección.

O Igape poderá solicitar ás entidades de crédito e ós beneficiarios, e durante a vixencia do contrato, calquera información ou documentación que considere oportuna, así como proceder á inspección directa dos investimentos que realicen os beneficiarios das axudas.

Cláusula 15ª.-Denuncia do convenio.

Será causa suficiente para a denuncia deste convenio o incumprimento por unha das partes de calquera das súas cláusulas.

A denuncia, que deberá facerse con 30 días de aviso previo, supoñerá, en todo caso, deixar atendidas fronte ós beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas dúas partes.

Cláusula 16ª.-Seguimento do convenio.

O seguimento do convenio realizarase a través dunha «comisión de vixilancia e seguimento», integrada polas entidades de crédito e representantes do Igape, que terán reunións con periodicidade trimestral, ou ben convocando separadamente a cada unha delas.

O Igape fará públicos os resultados do convenio de forma periódica.

Cláusula 17ª.-Publicidade.

As entidades asinantes comprométense a mostrar, nas súas distintas sucursais, a publicidade facilitada polo Igape e a colaborar na axeitada difusión desta liña de axudas.

Co obxecto de acadar unha maior eficacia, os proxectos e as campañas publicitarias, se é o caso, serán sometidas á aprobación previa do Igape.

Cláusula 18ª.-Natureza.

Este convenio ten natureza administrativa e correspóndelle ó Igape a interpretación do seu contido.

Pola entidade de crédito,Polo Igape,

......

......José Antonio Orza Fernández

DNI:......Presidente do Igape

ANEXO I (Continuación)

CONDICIÓNS QUE DEBERÁN CUMPRI-LOS SOLICITANTES

DE AXUDA FINANCEIRA PARA PROXECTOS DE INVESTIMENTO POR

IMPORTE PARA SUBSIDIAR SUPERIOR A 86 MILLÓNS DE PESETAS

A) A condición de beneficiario destas axudas só poderá adquirirse cando alomenos o 35% do cadro de persoal da empresa solicitante da axuda teña contratos por tempo indefinido.

Para as empresas de nova creación bastará o compromiso de acadar como mínimo o 35% de estabilidade laboral ó remate do prazo que se conceda para tal efecto.

As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acada-la mesma porcentaxe de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se é o caso, se deriven do proxecto de investimento que se subvencione.

B) O cumprimento do requisito sinalado na alínea anterior para ser beneficiario das axudas públicas, non se esixirá en relación ós centros de traballo radicados fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

O citado requisito tampouco se lles esixirá ás empresas con menos de dez traballadores. Neste caso, a porcentaxe de estabilidade mínima laboral esixida reducirase ó 33%.

De xeito excepcional e coa debida motivación, nos casos de estacionalidade da actividade ou de especiais dificultades dun sector ou dunha empresa concreta, a Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos poderá autoriza-la non esixencia da porcentaxe mínima de emprego estable para obte-la consideración de beneficiario da axuda, o que se porá en coñecemento da Comisión de Seguimento dos Acordos dos Apoios á Promoción Económica e Fomento Empresarial.

ANEXO III

CONCELLOS DAS PROVINCIAS DA CORUÑA E PONTEVEDRA NOS QUE

EXISTE UN ABANDONO DE POBOACIÓN SUPERIOR A UN 15%

-Provincia da Coruña.

Concellos:

Moeche.

Somozas (As).

Monfero.

Mesía.

Sobrado.

Val do Dubra.

Toques.

Cesuras.

Paderne.

Boqueixón.

Mañón.

Vilarmaior.

Vilasantar.

Baña (A).

Laxe.

Ortigueira.

Capela (A).

-Provincia de Pontevedra.

Concellos:

Cotobade.

Lama (A).

Vila de Cruces.

Estrada (A).

Forcarei.

Covelo.

ANEXO IV

MODELO DE COMUNICACIÓN DE CONCESIÓN DO CONTRATO LEASING

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

Rfa: CONVENIO Leasing-99

r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo

Santiago de Compostela

Estimados señores:

Estudiada a solicitude de arrendamento financeiro presentada nesta entidade acollida ós beneficios regulados polo Decreto 309/1995, do 23 de novembro, o Decreto 95/1999, do 8 de abril, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e a orde da Consellería de Economía e Facenda do 21 de abril de 1999 que modifica a Orde do 18 de abril de 1996,

e o convenio de colaboración arriba referenciado, comunicamos a vostedes que foi autorizado o contrato de arrendamento financeiro coas características que se detallan:

Beneficiario:

Nº contrato Leasing: L1/99

Características da operación:

Modalidade: Inmobiliario r Mobiliario r

Total investimento (segundo solicitude):

Imp. contrato: Entrega inicial:

Prazo:

Actividade (Descrición):

Epígrafe CNAE:....... Subvencionable: r Preferente: r

Tipo de xuro: r Fixo.

r Variable.

Importe para financiar pola entidade de crédito:

Importe:... Porcentaxe:... Puntos subsidiación:... Carga financeira:...

Xuntamos orixinal e 1ª copia do impreso de solicitude e a documentación completa esixida para o efecto. Así mesmo, comunicamos que, nesta mesma data, remitímo-la segunda copia da solicitude e unha copia da documentación esixida ós servicios centrais da Consellería de..., Dirección Xeral de...

Data e sinatura

ANEXO V

MODELO DE SOLICITUDE DE FORMALIZACIÓN PREVIA Á RESOLUCIÓN

En relación á solicitude de axuda financeira formulada pola empresa, nº Exp.

* Presentada no Igape con data do.../.../..., rexistro de entrada nº......

ou

* Que se presenta na data de hoxe,

De acordo co estipulado na cláusula 8.4 do convenio Leasing 99, comunícase a intención de formaliza-la dita operación previamente á resolución de concesión de subsidiación por parte dese instituto e respectando, en todo caso, as condicións e os requisitos establecidos no convenio.

Así mesmo comunícase que, de acordo co establecido na mencionada cláusula, a operación non se formalizará mentres non se reciba a preceptiva autorización do Igape.

Data, sinatura e selo da entidade de crédito.

Instituto Galego de Promoción Económica

Relación de entidades de crédito colaboradoras

Lico Leasing, S.A.

Banco Pastor, S.A.

Banco Bilbao Vizcaya

Banesto, S.A.

Argentaria, C. Postal, B. Hipotecario

Hispamer Servicios Financieros, E.F.C., S.A.

Banco de Asturias

Banco Santander Central Hispano

Banco Popular Español

Banco de Galicia

Caixa Galicia

Banco Mapfre

Banco Gallego

Banco Espírito Santo

Banco Urquijo

Banco Atlántico, S.A.

Banco de Sabadell

La Caixa

Mercedes Benz Credit E.F.C., S.A.

Bankinter

Banco Simeón